A Orde do 29 de decembro de 2014 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estableceu as bases reguladoras e convocou para o ano 2015 as axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola.
Segundo o establecido no artigo 14 das citadas bases e de conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza dará publicidade no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputan, a beneficiaria e a cantidade concedida, e da finalidade ou finalidades da subvención.
Estas axudas fináncianse con cargo ao Plan de desenvolvemento rural sustentable, cunha achega do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 50 % e da Xunta de Galicia do 50 %, dentro do Convenio entre o Magrama e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais.
De acordo co anterior,
RESOLVO:
Facer pública a aprobación das axudas que se relacionan como anexo a esta resolución, axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, para as cales a secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no desenvolvemento das súas funcións delegadas nas bases reguladoras destas axudas, formulou resolución de concesión o 14 de outubro de 2015:
a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 29 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola e se convocan para o ano 2015.
b) Aplicación orzamentaria: 07.05.541B.781.0.
c) Finalidade da axuda: fomento da riqueza piscícola.
d) Destinatarias: sociedades ou asociacións que teñan o nomeamento de entidade colaboradora, de conformidade co disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e no Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015
Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza
ANEXO
Beneficiaria |
Importe (€) |
Sociedad de caza y pesca de Silleda |
3,618.33 |
Sociedad de caza y pesca de Lalín |
4,550.00 |
Sociedad deportiva Río Ulla |
7,800.00 |
Sociedad de caza e pesca A Laxe |
1,007.50 |
Sociedad de caza y pesca Verdeseixo Ponte Caldelas |
6,061.25 |
Sociedade de pesca deportiva Arenteiro |
5,416.67 |
Sociedade de pesca Alaricana |
2,314.04 |
Sociedade deportiva de pesca Pontegrande |
2,314.04 |
Sociedade de pesca de Laza |
2,024.79 |
Sociedad de caza y pesca Azor |
7,800.00 |
Sociedad de caza y pesca La Venatoria de Bergantiños |
2,148.01 |