Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de novembro de 2015 polo que se fai pública a Resolución do 4 de novembro de 2015, pola que se aproba a información pública de mapas estratéxicos de ruído das estradas da rede autonómica de Galicia.

Con data do 4 de novembro de 2015, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas emitiu resolución de aprobación dos mapas estratéxicos de ruído das estradas da rede autonómica de Galicia das zonas que se relacionan a seguir:

– Zona de Santiago, cuxa información pública foi publicada o 2 de decembro de 2014 no Diario Oficial de Galicia.

– Zona da Coruña Oeste-Costa da Morte, cuxa información pública foi publicada o 9 de decembro de 2014 no Diario Oficial de Galicia.

– Zona de Ferrol-A Coruña Leste, cuxa información pública foi publicada o 17 de decembro de 2014 no Diario Oficial de Galicia.

– Zona da Barbanza-Noia, cuxa información pública foi publicada o 12 de xaneiro de 2015 no Diario Oficial de Galicia.

– Zona de Lugo, cuxa información pública foi publicada o 21 de xaneiro de 2015 no Diario Oficial de Galicia.

– Zona de Ourense, cuxa información pública foi publicada o 29 de xaneiro de 2015 no Diario Oficial de Galicia.

– Zona do Salnés-Caldas, cuxa información pública foi publicada o 16 de febreiro de 2015 no Diario Oficial de Galicia.

– Zona de Vigo-O Morrazo, cuxa información pública foi publicada o 3 de marzo de 2015 no Diario Oficial de Galicia.

– Zona do Baixo Miño, cuxa información pública foi publicada o 17 de marzo de 2015 no Diario Oficial de Galicia.

Os documentos resumo da cada unha das unidades dos mapas estratéxicos foron sometidos á información pública por un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os expedientes estiveron expostos ao público, nos días e nas horas hábiles de oficina, nos locais da Axencia Galega de Infraestruturas e nas respectivas casas dos concellos, co fin de que calquera persoa física ou xurídica formulase as alegacións que considerase pertinentes.

Consideracións legais:

Os estudos cumpren os requisitos que exixe a normativa vixente:

• Directiva 2002/49/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de xuño de 2002, sobre avaliación e xestión do ruído ambiental.

• Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

• Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental.

• Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, no referente á zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas; e o Real decreto 1038/2012, do 6 de xullo, que o modifica.

Por todo o exposto e tras a análise efectuada das alegacións e dos informes presentados polos organismos oficiais competentes,

RESOLVO:

Aprobar a información pública dos mapas estratéxicos de ruído das estradas da rede autonómica de Galicia de todas as zonas de referencia, coas seguintes consideracións soamente para a zona de Ferrol-A Coruña Leste:

– Estrada AC-862.

Corrixiranse os cadros do punto 8.4 e do plano 3.1 (mapa de afección), para que coincidan coa información do punto 8.3.1. Na cela correspondente a Lden (dBA)>55, para «N» de centros docentes, especificarase o valor de «4 colexios» en lugar de «7 colexios».

– Estrada AG-64.

Corrixiranse os cadros do punto 8.4 e do plano 3.1 (mapa de afección), indicarase, na cela correspondente a Lden (dBA)>55 para «Vivendas (centenas)», o valor de «5 vivendas» en lugar do actual de «2 vivendas».

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas