Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 11 de novembro de 2015 pola que se notifican as resolucións referenciadas, acordadas nos expedientes administrativos de carácter sancionador, pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (TUSAN1 2014/076-3 e dous máis).

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro) e pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro) notifícaselles ás persoas físicas e xurídicas que a continuación se mencionan, titulares de establecementos turísticos, as resolucións dos procedementos administrativos de carácter sancionador en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG núm. 216, do 11 de novembro), e que, intentadas polos medios habituais, non se puideron practicar.

As persoas interesadas poderán examinar os seus expedientes e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias desta Axencia Turismo de Galicia situadas na estrada de Santiago-Noia, km 3, A Barcia, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, as interesadas poderán interpoñer recurso de reposición ante a titular da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2014/076-3.

Sancionada: Eurolimpa Distribuciones, S.L.U.

NIF nº: B32177859.

Último enderezo: Finca Sevilla, s/n, Expourense.

Localidade: Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 3.600 euros.

Expediente: TUSAN1 2014/077-3.

Sancionada: Nueva Hostelería de Ourense, S.L.

NIF nº: B32439564.

Último enderezo: estrada de Reza, km 4, s/n.

Localidade: Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.200 euros.

Expediente: TUSAN1 2010/068-4.

Sancionada: OH Vigo, S.L.

NIF nº: B36776656.

Último enderezo: rúa García Barbón, nº 22.

Localidade: Vigo (Pontevedra).

Resolución: caducidade.

Comunícaselles que as resolucións desta Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa e son, por tanto, executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta axencia de turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia