Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48160

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade aos importes definitivos das aplicacións previstas na Orde do 20 de xullo de 2015, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas fundacións e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

A Orde do 20 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas fundacións e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2015, establece no seu artigo 2.2º que os ditos créditos estimados poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xa que os créditos previstos nesta orde no programa de gasto 322A «Mellora e fomento da empregabilidade», co código de proxecto 2015 00489, «Programas de adquisición de experiencia desempregados», están repartidos entre as aplicacións 11.03.322A.443.0 e 11.03.322A.481.0, dirixidos, respectivamente, a financiar as axudas que se concederán ás fundacións do sector público autonómico de Galicia e ás entidades sen ánimo de lucro e que, unha vez concedidas todas as axudas ás fundacións públicas, existen remanentes que poden ser reutilizados para a concesión de axudas para entidades sen ánimo de lucro, para as cales existen máis solicitudes que orzamento, e que se autorizou o correspondente expediente de modificación de crédito de fondos finalistas que afectan os importes das citadas aplicacións, procede darlles a oportuna publicidade, en cumprimento do disposto nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 29 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Facer pública a redistribución e modificación dos créditos de fondos finalistas previstos na Orde do 20 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas fundacións e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2015:

a) Baixa de crédito:

11.03.322A.443.0, código de proxecto 2015 00489: 193.450,00 euros.

b) Alta de crédito:

11.03.322A.481.0, código de proxecto 2015 00489: 193.450,00 euros.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2015

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego