Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48743

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (170/2015).

ETX. Execución de títulos xudiciais 170/2015

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 91/2015

Sobre despedimento

Demandante: Lorena Blanco Alonso

Avogado: Miguel Blanco Pérez

Demandados: Couñago & Jamargo Restauración, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 170/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Blanco Alonso contra Couñago & Jamargo Restauración, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto:

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015.

Antecedentes de feito:

Único. Nas presentes actuacións ditouse auto de extinción da relación laboral a favor de Lorena Blanco Alonso contra Couñago & Jamargo Restauración, S.L., pola cantidade de 2.164,69 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral con data da presente resolución e a suma de 11.592,72 euros en concepto de salarios de tramitación.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispón o artigo 551.3 da Lei axuizamento civil (LAC) que, ditado o auto que contén a orde xeral de execución, a secretaria xudicial responsable dela ditará decreto no cal se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens e as medidas de localización e investigación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que se lle deba facer ao debedor en casos en que o estableza a lei; ditaranse de oficio as resolucións pertinentes conforme o artigo 237 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Couñago & Jamargo Restauración, S.L. co fin de que no prazo de dez (10) días lle aboe a cantidade de 13.757,41 euros de principal (2.164,69 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral con data desta resolución e a suma de 11.592,72 euros en concepto de salarios de tramitación) máis a cantidade de 1.375,74 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 0170 15), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de investigación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Couñago & Jamargo Restauración, S.L. co fin de que no prazo de dez (10) días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para impugnar de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 aberta no Banco Santander, S.A. e indicar no campo concepto a indicación “Recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Para que sirva de notificación en legal forma a Couñago & Jamargo Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015

A secretaria xudicial