En execución da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 19 de xullo de 2009 no procedemento ordinario 745/2003, de conformidade co establecido no procedemento de execución por Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18 de xullo de 2011, confirmado pola Sentenza do 19 de decembro de 2013, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, que foi aclarada polo Auto do 7 de marzo de 2014, e co disposto nas bases II.3, V.1 e V.3 da convocatoria para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que deben realizar o curso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Elevar a definitiva a proposta do tribunal dos/das aspirantes que deben realizar o curso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, que se publica como anexo a esta orde.
Segundo. Os/as aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda, os documentos a que se refire a base V.1 da orde de convocatoria.
Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8.2º e 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2015
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda
ANEXO
Acceso libre
|
Apelidos e nome |
DNI |
1º ex. |
2º ex. |
3º ex. |
4º ex. |
Total oposición |
Fase concurso |
Total |
|
Bacariza Cortiñas, Santiago Xosé |
33265925J |
15,49 |
16,50 |
|
6,20 |
38,19 |
8,6 |
46,79 |
|
López Brites, Patricia |
44085952N |
14,90 |
16,50 |
|
5,10 |
36,50 |
0 |
36,50 |
|
Losada Pulido, Miguel |
44448108X |
14,50 |
13,00 |
|
5,90 |
33,40 |
0 |
33,40 |
|
Lage Mosquera, Ana Carolina |
44479934G |
12,54 |
15,00 |
|
5,50 |
33,04 |
0 |
33,04 |
|
Roca Barral, Alberto |
34897373W |
12,35 |
14,50 |
|
5,50 |
32,35 |
0 |
32,35 |
|
Silva DÍaz, Manuel da |
32635850T |
11,76 |
14,50 |
|
5,60 |
31,86 |
0 |
31,86 |


