Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2066

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (2774/2014).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 2774/2014.

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 553/2012 Xulgado do Social número 4 de Vigo

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 2774/2014 desta sección, seguido por instancia de Santiago Lago Encisa contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones Alfonso Pérez, S.L., Fremap, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, Fraternidad Muprespa, sobre accidente de grao, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Santiago Lago Encisa contra a sentenza do 10 de xaneiro de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, en proceso promovido polo recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Construcciones Alfonso Pérez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de decembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza