Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2068

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol

EDICTO (373/2014).

Fernando Vázquez Boyero, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol, polo presente, anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal de desafiuzamento por precario núm. 373/2014, seguido por instancia de Mª Isabel Aneiros Picos, María Luz Picos Martínez e María del Mar Aneiros Picos fronte a Manuel Aneiros Picos, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

Sentenza.

Ferrol, 10 de xullo de 2014.

Vistos por Elvira Méndez Ibias, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol, os presentes autos de xuízo verbal sobre desafiuzamento por precario, seguidos neste xulgado co nº 373/2014, por instancia de María Luz Picos Martínez, Isabel Aneiros Picos e María del Mar Aneiros Picos, representadas pola procuradora Sra. Roca Rodríguez e asistidas pola letrada Sra. Alonso Bonilla, contra Manuel Aneiros Picos, en rebeldía, dítase a presente sentenza.

Estímase a demanda presentada pola procuradora Sra. Roca Rodríguez, en representación de María Luz Picos Martínez, Isabel Aneiros Picos e María del Mar Aneiros Picos, contra Manuel Aneiros Picos, cos seguintes pronunciamentos:

– Declárase a procedencia do desafiuzamento e condénase o demandado a abandonar e deixar libre e expedita a vivenda sita na estrada de Catabois nº 385, 4º esquerda, de Ferrol. Apercíbese o demandado de que, de non verificar o desaloxo dentro do prazo legal, se procederá ao seu lanzamento.

– Condénase o demandado ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, que poderán presentar por escrito ante este xulgado no prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da súa notificación. Advírtese a parte que desexe recorrer de que deberá constituír un depósito de 50 euros na conta do xulgado (salvo que teña recoñecido o dereito de xustiza gratuíta), baixo apercibimento de que, de non o verificar, non se lle dará trámite.

Así o acordo, mando e asino.

E ao estar o dito demandado, Manuel Aneiros Picos, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 31 de xullo de 2014

O secretario xudicial