Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2064

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2016 pola que se integra a Antonio Álvarez Rodríguez no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na súa disposición adicional segunda dispón o seguinte:

«1. Os profesores titulares de escola universitaria que, no momento da entrada en vigor desta lei, posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente, e se acrediten especificamente no marco do previsto polo artigo 57, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade, nas súas propias prazas. Para a acreditación de profesores titulares de escola universitaria valorarase a investigación, a xestión e, particularmente, a docencia».

«3. Os que non accedan á condición de profesor titular de universidade permanecerán na súa situación actual mantendo todos os seus dereitos e conservando a súa plena capacidade docente e, de ser o caso, investigadora».

Unha vez comprobado o cumprimento polo interesado dos requisitos establecidos consonte o disposto nas citadas disposicións adicionais e en uso das atribucións conferidas ao meu cargo pola Lei orgánica de universidades e polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolvo o seguinte:

Queda integrado no corpo de profesores titulares de universidade o funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria pertencente a esta universidade que se relaciona a continuación, e queda adscrito ao mesmo departamento, área de coñecemento e centro en que estivese no seu corpo de orixe:

Apelidos e nome

DNI

Área de coñecemento

Data de efectos
da integración

Álvarez Rodríguez, Antonio

34929951N

Filoloxía Inglesa

13.7.2015

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpor recurso de reposición ante o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, caso en que non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do de reposición, conforme o previsto nos artigos 116 e 117 da LRX-PAC.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2016

Juan Manuel Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela