Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2483

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2424/2014 BB).

Secretaría: Sra. Freire Corzo

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2424/2014 BB

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 452/2013 Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Rubén Roca Pereira

Avogado: Manuel Casal Fraga

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Atein Naval, S.A. (Atenasa), Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social, Alicia Llan Lodos

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2424/2014 BB, seguido por instancia de Rubén Roca Pereira contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Atein Naval, S.A. (Atenasa), a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Manuel Casal Fraga, en nome e representación de Rubén Roca Juan Pereira, contra a sentenza de data dezaoito de decembro de dous mil trece, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Ferrol, en autos seguidos por instancia do recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e a empresa Atein Naval, S.A. (Atenasa), sobre invalidez derivada de accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, e unha vez firme expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en legal forma a Atein Naval, S.A. (Atenasa), en ignorado paradoiro. Coa advertencia ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. Expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2016

La letrada da Administración de xustiza