Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2485

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra

EDICTO (117/2015).

Eu, José Tronchoni Albert, secretario xudicial do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal civil número 117/2015 seguido por instancia de Montcada Artículos Técnicos, S.L. fronte a Auto Mecánica del Noroeste, S.A. e José Emérito López Suárez ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 199/2015.

Pontevedra, 25 de novembro de 2015.

Vistos por María Aurelia Montenegro Arce, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número 117/2015, promovidos pola sociedade mercantil Montcada Artículos Técnicos, S.L., en cuxo nome e representación actúa o procurador Ricardo Canedo Iglesias, e asistido pola letrada María Alonso Suárez, contra a entidade Auto Mecánica del Noroeste, S.A., en rebeldía procesual, e contra José Emérito López Suárez, como liquidador da sociedade mercantil Auto Mecánica del Noroeste, S.A., en rebeldía procesual, ditou a seguinte sentenza.

Decido que estimo parcialmente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Ricardo Canedo Iglesias, en nome e representación da sociedade mercantil Montcada Artículos Técnicos, S.L., contra Auto Mecánica del Noroeste, S.A. e José Emérito López Suárez, debo declarar responsable a José Emérito López Suárez, liquidador da mercantil Auto Mecánica del Noroeste, S.A., e debo condenar e condeno a José Emérito López Suárez a que aboe á demandante a cantidade de 5.564,76 euros, máis os xuros por demora, desde a interposición da demanda ata o efectivo pagamento desta. Así mesmo, deberá aboar os xuros legais desde a data da sentenza, incrementados en dous puntos. Absolvo codemandada Auto Mecánica del Noroeste, S.A., en liquidación, do resto das pretensións da demanda. Cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade, se as houber.

A presente sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá interpoñerse no prazo dos vinte días seguintes á súa notificación ante este mesmo xulgado, conforme o disposto nos artigos 457 e seguintes da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Notifíquese esta resolución ás partes, cuxo orixinal quedará rexistrado no libro de sentenzas, quedando testemuño desta nestes autos.

Así o acorda, manda e asina, María Aurelia Montenegro Arce, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra».

E encontrándose os devanditos demandados, Auto Mecánica del Noroeste, S.A. e José Emérito López Suárez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 25 de novembro de 2015

O secretario xudicial