Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3238

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (139/2015).

Execución de títulos xudiciais 139/2015

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 1167/2013

Sobre ordinario

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Adrián Núñez Fernández

Demandada: Prolar XXI, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 139/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción, contra a empresa Prolar XXI, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Declaro a nulidade do auto do 1 de xuño de 2015 e de todas as actuacións posteriores.

Acordo que non procede o despacho da execución interesada por corresponder a competencia ao xuíz do concurso, Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña.

Unha vez firme esta resolución arquívese o procedemento.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos definitivos e déixese testemuño nas actuacións.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Prolar XXI, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2016

Letrada da Administración de xustiza