Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se executa a Sentenza 522/2013, do 17 de decembro, do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela (execución de sentenza-execución definitiva 13/2013, procedemento abreviado 185/2012).

Antecedentes.

I. Sebastián Gracia Santuy interpuxo recurso contencioso-administrativo contra a Resolución da Dirección Xeral de Administración Local do 21 de novembro de 2011, pola que se fan públicas as notas do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios con habilitación de carácter estatal; a Resolución da Dirección Xeral de Administración Local do 15 de febreiro de 2012, pola que se fan públicas as notas da fase do concurso do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios con habilitación de carácter estatal; o acto administrativo de realización da proba de valoración da lingua galega realizada polo Tribunal o 17 de outubro de 2011; a Resolución da Dirección Xeral de Administración Local do 22 de maio de 2012, pola que se fai pública a relación de aprobados do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios con habilitación de carácter estatal.

O recurso deu lugar ao procedemento abreviado nº 185/2012 do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela. O procedemento rematou coa Sentenza 522/2013, do 17 de decembro de 2013, que estimou o recurso nos termos seguintes:

«Estímase o recurso contencioso-administrativo n° 185/2012, interposto polo procurador Óscar Pérez Goris, en nome e representación de Sebastián Gracia Santuy, contra a Resolución da Dirección Xeral da Administración Local do 21.11.11, 15.2.12 e o acto administrativo da realización da proba de valoración da lingua galega realizada polo tribunal, efectuada o 17.10.11, e ampliación a Resolución do 22.5.12, que fai pública a lista definitiva de aprobados no proceso selectivo; e declárase a non conformidade a dereito da Resolución do 21.11.11, polo que a Administración deberá proceder conforme o exposto polas bases. Non se fai expresa imposición de custas».

No fundamento de dereito segundo, a sentenza expresa:

«Á vista do exposto, e tendo en conta que as bases dunha convocatoria constitúen a lei do concurso, a demanda debe ser estimada na súa petición primeira, e declarar a nulidade da Resolución impugnada do 21.11.11, por aplicación indebida das bases da convocatoria ao sumar a puntuación da proba de galego á puntuación correspondente aos diplomas».

Na Sentenza do 19 de marzo de 2014 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación interposto pola Administración autonómica.

II. Con data do 29 de abril de 2014, o Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela remite certificación da Sentenza do 17 de decembro de 2013, con indicación de que ten o carácter de firme e do expediente administrativo correspondente, para os efectos de que se leve a efecto o acordado nela e se adopten as resolucións procedentes para o cumprimento das declaracións contidas no ditame.

III. Ordenada a execución forzosa da sentenza por Decreto do xulgado do 9 de febreiro de 2015, con data do 25 de febreiro de 2015 a Dirección Xeral de Administración Local pon de manifesto ao xulgado as actuacións que a Administración ten previsto adoptar para a execución da sentenza, dando traslado a todos os afectados para que poidan comparecer no xulgado e alegar o que consideren pertinente, así como ao propio recorrente.

O Auto 135/2015, do 1 de setembro de 2015, desestima a pretensión de execución formulada pola Administración e indica: «(...) a Administración debe limitarse a realizar a correcta aplicación das bases fixadas por ela mesma, o que significa que a valoración da proba de lingua galega é alternativa (a correspondente ao título ou á proba), pero en ningún modo acumulativa, sen que proceda neste trámite entrar a coñecer de cuestións diferentes, pois a sentenza que se debe executar estimou a petición principal da demanda e non a subsidiaria nº 4, como en realidade está pretendendo».

Consideracións xurídicas.

I. De acordo co disposto nos artigos 103 e 104 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, logo de que sexa firme unha sentenza, esta Administración está obrigada a cumprila na forma e nos termos que nesta se consignen, levala a efecto e practicar o que exixa o cumprimento das declaracións contidas na resolución.

Deste modo, unha vez desestimada a pretensión de execución formulada pola Administración, referida na epígrafe de antecedentes, e visto o contido da sentenza e do auto citados, procede, en execución de sentenza, realizar as seguintes actuacións:

1. Ditar nova resolución de publicación das notas do proceso selectivo en substitución da anulada «Resolución do director xeral de Administración Local do 21 de novembro de 2011, pola que se fan públicas as notas do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios con habilitación de carácter estatal».

2. Modificar e corrixir a Resolución da Dirección Xeral de Administración Local do 22 de maio de 2012, pola que se fai pública a relación de aprobados do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios con habilitación de carácter estatal.

No anexo desta resolución figura o aspirante Vázquez Parga, Luis Ramón, cunha puntuación final de 45,01 puntos, e Presas Beneyto, Jaime, cunha puntuación final de 43,95 puntos. Estas puntuacións deben corrixirse en execución de sentenza e restar a puntuación correspondente ao exame de galego no seu día acumulada (2 e 1 punto, respectivamente), polo que as puntuacións finais serían de 43,01 puntos e 42,95 puntos).

Do exposto dedúcese que o recorrente Gracia Santuy, Sebastián, cunha puntuación final de 43,20 puntos, superaría a puntuación de Presas Beneyto, Jaime, polo que se debe incluír na relación de aprobados do proceso selectivo e eliminar o aspirante Presas Beneyto, Jaime.

3. Modificar e corrixir a Resolución do 4 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se nomean funcionarios de carreira, categoría superior da subescala de intervención-tesouraría, da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á citada categoría e subescala convocada mediante a Resolución do 6 de agosto de 2010.

De acordo co indicado anteriormente, esta resolución debe corrixirse en execución de sentenza para nomear funcionario de carreira de Administración local, con habilitación de carácter estatal, da categoría superior da subescala de intervención-tesouraría, o recorrente Gracia Santuy, Sebastián, coa puntuación que lle corresponde.

Tamén se debe corrixir a puntuación final de Vázquez Parga, Luis Ramón e eliminar do anexo o aspirante Presas Beneyto, Jaime, de acordo co indicado anteriormente.

En execución desta resolución de modificación, debe comunicarse ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, para os efectos de que proceda ao seu recoñecemento con carácter retroactivo desde o 4 de xullo de 2012, data da resolución de nomeamento, o novo nomeamento, para que acredite a habilitación estatal obtida e a súa inscrición no correspondente rexistro, así como a eliminación do anexo do aspirante Presas Beneyto, Jaime.

4. Consideramos tamén que, malia a modificación e corrección das resolucións no seu día ditadas, os actos de declaración de aprobados e nomeamentos dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, coa excepción do que afecta o aspirante Presas Beneyto, Jaime, non se deben ver afectados e deben manter os seus efectos, por aplicación dos artigos 64 e 66 da Lei 30/1992.

Polo tanto, deben conservarse os actos de publicación da relación de aprobados e nomeamento de funcionarios e carreira no que non resultan afectados polas correccións antes indicadas.

Por todo o anterior, a Dirección Xeral de Administración Local, con base nas competencias recollidas no artigo 15 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, por delegación do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Orde do 14 de maio de 2013, sobre delegación de competencias. (DOG núm. 92, do 15 de maio), e en execución de sentenza,

DISPÓN:

Primeiro. Facer públicas as notas do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, nos seguintes termos:

DNI

Nota exame práctico

Puntuación coñecemento de galego

Puntuación total

Canzobre Méndez, María del Pilar

32836185M

24

9

33

Gómez Corbal, Olga

36130358A

24

9

33

Gracia Santuy, Sebastián

18007088C

30

0

30

Marín Gracia, Marta

32823479H

20

8

28

Marqués Parrilla, María Elisa

32685426B

20

8

28

Moreno López, Justo

09177845V

20

4

24

Presas Beneyto, Jaime

32825403X

22

8

30

Rico Belda, Paula

44863608S

20

0

20

Rodríguez Pérez, Sergio

36133344E

25

8

33

Rodríguez Tourón, María Belén

33297598S

20

10

30

Rueda de Valenzuela, José Antonio

44080428P

20

0

20

Vázquez Parga, Luis Ramón

33328308C

23

8

31

Vidal Zapatero, Jorge Manuel

32831633F

24

9

33

Segundo. Modificar a Resolución do director xeral de Administración Local do 22 de maio de 2012 pola que se fai pública a relación de aprobados do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios con habilitación de carácter estatal, de xeito que desaparece da dita relación o aspirante Jaime Presas Beneyto, que quedaría cunha puntuación final de 42,95 puntos, e ocuparía o seu lugar o aspirante Sebastián Gracia Santuy cunha puntuación final de 43,20 puntos.

Terceiro. Modificar a Resolución do director xeral de Administración Local do 4 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se nomean funcionarios de carreira, categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios con habilitación de carácter estatal os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á citada categoría e subescala, convocada mediante a Resolución do 6 de agosto de 2010 no seu anexo, de maneira que desaparece o seguinte:

Apelidos e nome

DNI

Puntuación

Presas Beneyto, Jaime

32825403X

43,95

E aparece no seu lugar:

Apelidos e nome

DNI

Puntuación

Gracia Santuy, Sebastián

18007088C

43,20

Este nomeamento recoñécese con efectos retroactivos da data da resolución que se modifica, para os efectos pertinentes.

Cuarto. Aplicar o principio de conservación dos actos e manter a validez e os efectos do resto do texto das resolucións anteriormente mencionadas, cuxo contido permanece inalterado ao non verse afectadas polas modificacións efectuadas en execución da sentenza ditada no PA 185/2012.

Quinto. Notificar a presente resolución ditada en execución de sentenza ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela. Notificar tamén a presente resolución aos interesados no procedemento e comunicala ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas para que efectúe as correccións e inscricións correspondentes no Rexistro de Habilitados Nacionais.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2015

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local