Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 569/2013, do 4 de xullo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, o 15 de xullo de 2015, ditou sentenza no recurso de casación número 3492/2013, contra a sentenza pronunciada, con data do 4 de xullo de 2013, pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Justicia de Galicia, no procedemento ordinario 4686/2008, interposto pola procuradora Beatriz González Rivero, en representación da Asociación de Veciños San Vicenzo de Rábade. Esta sentenza, que devén firme, na súa parte dispositiva literalmente di:

«1) Que procede o recurso de casación interposto pola procuradora Beatriz González Rivero, en representación da Asociación de Veciños San Vicenzo de Rábade, contra a sentenza do 4 de xullo de 2015, ditada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso número 4686/2008, sentenza que casamos e anulamos.

2) Que, estimando o recurso contencioso-administrativo número 4686/2008, debemos declarar e declaramos a nulidade de pleno dereito da Orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 23 de xullo de 2008 (publicada no diario oficial correspondente o 1 de setembro de 2008), que aproba o Plan xeral de ordenación municipal de Rábade (Lugo), así como tamén a do mencionado plan xeral.

3) Ordenamos a publicación da resolución, para os efectos do establecido no artigo 72.2 da LXCA.

4) Non formulamos declaración expresa sobre condena ao pagamento das custas procesuais causadas na instancia, nin tampouco neste recurso de casación.

Así por esta nosa sentenza, que deberá inserir o Consello Xeral do Poder Xeral Xudicial na publicación oficial de xurisprudencia deste Tribunal Supremo, definitivamente xulgando pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Débese facer saber ás partes, ao notificárllela, que contra ela non cabe recurso ordinario ningún».

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo