Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4468

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1097/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 1097/2012 por instancia de Mutua Gallega contra a empresa Mármoles Chamin, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza do 14 de xaneiro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Mutua Gallega contra a empresa Mármoles Chamin, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e en consecuencia:

Condénase a empresa Mármoles Chamin, S.L. a lle aboar á Mutua Gallega, como responsable directo, a cantidade de setecentos oitenta e catro euros con cincuenta e seis céntimos (784,56 euros) con responsabilidade subsidiaria do INSS e da TXSS, respecto dos gastos por asistencia sanitaria, por importe de cincocentos dezaseis euros con noventa e seis céntimos (516,96 euros) para o caso de insolvencia da anterior.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na Conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mármoles Chamin, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial