Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4467

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1085/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 1085/2012 por instancia de Mario José Fraga Feal contra a empresa Aislamientos David Rodríguez, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, a mutua Fremap e o Fondo de Garantía Salarial, sobre incapacidade temporal, nos cales recaeu sentenza con data do 14 de xaneiro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Mario José Fraga Feal contra a empresa Aislamientos David Rodríguez, S.L., a mutua Fremap, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Nacional da Seguridade Social, e en consecuencia condénase a mutua Fremap a lle aboar a Mario José Fraga Feal a cantidade de novecentos sesenta e sete euros con oitenta e dous céntimos (967,82 euros) correspondentes á prestación de IT por accidente de traballo correspondente ao mes de maio de 2011, e declárase a responsabilidade subsidiaria do INSS no caso de insolvencia da mutua Fremap.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Aislamientos David Rodríguez, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial