Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2016 Páx. 5357

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2016 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no terceiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no terceiro cuadrimestre do ano 2015

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data da
sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Instituto Tecnolóxico de Galicia para a revisión e actualización da base de datos da construción de Galicia no período 2015-2017.

135.000,00 €

4.11.2015