Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2016 Páx. 5338

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 20 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas aos establecementos de cocción de mexillón, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e se convocan para o ano 2016, tramitada como expediente anticipado de gasto.

O dia 31 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas aos establecementos de cocción de mexillón, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e se convocan para o ano 2016, tramitada como expediente anticipado de gasto. Xunto coa citada resolución non se fixeron públicos os anexos, polo que cómpre agora publicalos.

Por todo isto, e de acordo co disposto no artigo 30.1.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa de aplicación

ACORDO:

Primeiro. Facer públicos os anexos da Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas aos establecementos de cocción de mexillón, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e se convocan para o ano 2016, tramitada como expediente anticipado de gasto.

Segundo. Modificar a data para presentar as solicitudes que figura no artigo 11 da orde, no prazo dun mes que se conta a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Terceiro. Procede facer as seguintes correccións de erros nos artigos que se indican a seguir das bases reguladoras:

Na páxina 53290, no preámbulo, onde di: «A orde pretende favorecer a redución paulatina da carga contaminante dos vertidos das industrias, cuxa actividade principal sexan os procesos de cocción de mexillón e que vertan directamente as súas augas residuais en augas continentais ou ao mar ou ás redes públicas de saneamento, de acordo coas mellores tecnoloxías dispoñibles, co obxecto de reducir os parámetros de vertido, sendo», debe dicir: «A orde pretende favorecer a redución paulatina da carga contaminante dos vertidos das industrias, cuxa actividade principal sexan os procesos de cocción de mexillón e que vertan directamente as súas augas residuais en augas continentais ou ao mar ou ás redes públicas de saneamento, de acordo coas mellores tecnoloxías dispoñibles, co obxecto de reducir os parámetros de vertido.»

Na páxina 53294, no artigo 4.2.b), onde di: «A axuda deberá reembolsarse integramente, nos dez anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario, a actividade produtiva sométese a unha relocalización fóra da Unión, excepto cando o beneficiario sexa unha peme», debe dicir: «A axuda deberá reembolsarse integramente se, nos dez anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario, a actividade produtiva se somete a unha relocalización fóra da Unión, excepto cando o beneficiario sexa unha peme».

Na páxina 53295, no artigo 4.2.m), onde di: «Darlle a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado con expresa mención á participación do Fondo Europeo da Pesca (FEP), nos termos establecidos nos artigos 32 e 33 do Regulamento (CE) nº 498/2007 da Comisión», debe dicir: «Darlle a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca, nos termos regulamentariamente establecidos».

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file