Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2016 Páx. 5358

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2016 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Enxeñaría Térmica (II edición).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsuga).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 25 de setembro de 2015 (publicado no BOE do 21 de outubro de 2015 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de outubro de 2015).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establece que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo Comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Térmica (II edición) que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 3 de febreiro de 2016

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Enxeñaría Términa (II edición)

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade do País Vasco e Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias………………………......……........

21

Optativas…………………………......................

27

Prácticas externas……………………………....

0

Traballo fin de máster…………........................

12

Créditos totais…….....………...

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Termodinámica e Transmisión de Calor Avanzadas

6

Obrigatorio

Tecnoloxías xenéricas

Fundamentos do Modelado Numérico de Procesos Termofluidodinámicos

3

Obrigatorio

Auditoría Enerxética

3

Obrigatorio

Sistemas de Coxeración

3

Obrigatorio

Termoeconomía

3

Obrigatorio

Introdución á Investigación

3

Obrigatorio

Técnicas Estatísticas Aplicadas

4.5

Optativo

Sistemas avanzados de simulación e modelización

Aplicación Elementos Finitos en Mecánica

3

Optativo

Enerxía Térmica Renovable

4.5

Optativo

Mecánica de Fluídos Avanzada

3

Optativo

Simulación de Procesos Termofluidodinámicos de Interese Industrial

3

Optativo

Modelización da Combustión

3

Optativo

Simulación e Optimización de Sistemas Dinámicos Avanzados

3

Optativo

Técnicas Experimentais

3

Optativo

Seguridade nos Edificios e na Construción

3

Optativo

Enerxética na construción

Criterios de Sustentabilidade e Análise de Ciclo de Vida

4.5

Optativo

Transferencia de Humidade a través de Pechamentos

4.5

Optativo

Calidade do Aire Interior

3

Optativo

Ensaios Térmicos de Materiais de Construción

3

Optativo

Ensaios Estáticos e Dinámicos de Elementos de Construción

3

Optativo

Simulación Enerxética de Edificios

3

Optativo

Enerxías Renovables na Edificación

3

Optativo

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Térmica (II edición), o alumnado deberá superar os 60 ECTS dos cales consta o máster.