Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2016 Páx. 5361

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (331/2015).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 331/2015 seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, CRC Obras y Servicios, S.L., Cotobad Gestión, S.L.U., Egarsat Matepss nº 276 (antes SAT Mutua), Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, José Fernández Filgueira, Viales Excavaciones y Canalizaciones, S.L. sobre accidente, ditouse, con data do 22.1.2016, sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Resolvemos: desestimando o recurso de suplicación interposto pola mutua colaboradora da Seguridade Social Galega contra a Sentenza do 9 de xullo de 2014 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra José Fernández Filgueira, a entidade mercantil C.R.C. Obras y Servicios, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Viales, Excavaciones y Canalizaciones, Sociedade Limitada, a entidade mercantil Cotobad Gestión, Sociedade Limitada, a mutua colaboradora da Seguridade Social Ergasat, a mutua colaboradora da Seguridade Social Ergasat, a mutua colaboradora da Seguridade Social Fremap, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Sala confírmaa integramente, e, en legal consecuencia, condenamos a recorrente á perda de depósitos, consignacións e aseguramentos e ás custas da suplicación, cuantificando en 601 euros os honorarios da letrada impugnante.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº del recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ó 37 **** ++).

E, para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Cotobad Gestión S.L.U., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en r/ Benito Corbal, 14, Pontevedra, coa advertencia recollida no artigo 89 LPL, de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto o sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino a presente notificación.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza