Tras o cesamento por petición propia de José Vicente Solarat López como presidente da Denominación de Orixe Valdeorras, o Pleno deste consello regulador que tivo lugar o pasado día 22 de febreiro elixiu a Francisco García Álvarez para ocupar o dito cargo.
Conforme indica o artigo 20 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, unha vez elixida a persoa que desempeñará a presidencia, deberá facerse o seu nomeamento mediante orde da consellería competente.
Polo anterior,
DISPOÑO:
Artigo único.
Nomear presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras a Francisco García Álvarez.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2016
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural