Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7326

IV. Oposicións e concursos

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2016 pola que se convoca o curso selectivo de ingreso na función pública galega do persoal de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, en execución da Sentenza do Tribunal Supremo do 19 de xullo de 2009.

En virtude da Sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 19 de xullo de 2009 no procedemento ordinario 754/2003, de conformidade co establecido no procedemento de execución por Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18 de xullo de 2011, confirmado por Sentenza do 19 de decembro de 2013 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que foi aclarada mediante Auto do 7 de marzo de 2014, procedeuse a retroacción do procedemento e á realización do cuarto exercicio práctico do proceso selectivo para o acceso á escala técnica de inspección turística derivado da oferta de emprego público do ano 2001. Ao dito exercicio debían ser chamados os aspirantes que superasen o terceiro exercicio e non fosen incluídos na relación inicial de aprobados.

De acordo coa convocatoria, o proceso selectivo consiste nunha fase de oposición seguida dunha de concurso e, por último, o curso selectivo previsto na base II.4 da Orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Xunta de Galicia do día 18 de decembro de 2001(DOG núm. 250, do 28 do citado mes e ano), que organizará e impartirá a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) de acordo co establecido na antedita base da orde.

Parte do curso selectivo consistirá na realización dun período de prácticas na inspección turística central ou nas inspeccións turísticas provinciais dependentes da Axencia Turismo de Galicia.

Realizado o cuarto exercicio (DOG núm. 124, do 2 de xullo de 2015), o número de aspirantes que superan a fase de oposición ascende a seis.

De conformidade co artigo 3.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, de 10 de xullo, convócase o curso selectivo de ingreso na función pública galega do persoal de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística.

O curso selectivo será organizado pola EGAP, en cumprimento do establecido na base II.4 da antedita orde.

En consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro. Convocatoria

Convocar os aspirantes aprobados na respectiva fase de oposición para a realización do aludido curso selectivo CS 16001, que comezará na EGAP o día 14 de marzo de 2016.

Segundo. Réxime xurídico

Durante o desenvolvemento do citado curso selectivo, os aspirantes terán a condición de «funcionarios en prácticas» e seranlles de aplicación o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, as disposicións sobre retribucións que lles correspondan a aqueles funcionarios e as normas da presente resolución.

Terceiro. Fases do curso selectivo

1. O curso selectivo compoñerase de dúas fases:

a) Módulos temáticos.

A impartición das materias contidas en cada módulo conferiráselle un carácter fundamentalmente práctico e servirá, ao mesmo tempo, para afondar nos coñecementos adquiridos polos aspirantes na fase preparatoria da correspondente oposición.

b) Aplicación de coñecementos.

2. Conforme se establece nas normas dedicadas aos «réximes disciplinario e académico» desta disposición, declárase obrigatoria a concorrencia ás clases e restantes actividades que integran o curso selectivo, así como a execución dos traballos e tarefas que se lles encarguen aos participantes.

3. Os aspirantes que non superen o curso selectivo poderán incorporarse ao inmediatamente posterior, coa puntuación asignada ao último dos participantes nel. De non superalo, perderán todos os seus dereitos para seren nomeados funcionarios de carreira.

Cuarto. Módulos temáticos

Os módulos temáticos sobre os que versarán as correspondentes clases serán estes:

I. Procedemento administrativo e recursos humanos (18 horas).

II. Dereito turístico de Galicia (21 horas).

III. Outras cuestións que inciden na actividade inspectora (24 horas).

– Arbitraxe (3 horas).

– Calidade turística (6 horas).

– Sistemas informáticos (6 horas).

– Actas de inspección (6 horas).

– Visitas de inspección (3 horas).

Total horas lectivas desta fase: 63.

As clases impartiranse nas instalacións da EGAP segundo o reflectido neste cadro:

Módulo

Data

Horario

Docente

Aula

Arbitraxe

Luns, 14 de marzo

11.00-14.00 horas

Antonio Aguarón Turrientes

Seminario B

Procedemento

16.30-19.30 horas

Natalia Solar Jimeno

Seminario B

Procedemento

Martes, 15 de marzo

16.30-19.30 horas

Santiago Valencia Vila

Seminario B

Procedemento

Mércores, 16 de marzo

16.30-19.30 horas

Santiago Valencia Vila

Seminario B

Recursos humanos

Xoves, 17 de marzo

16.30-19.30 horas

Marta Ramos Lage

Seminario B

Calidade turística

Luns, 21 de marzo

11.00-14.00 horas

Enrique Pérez Etcheverría

Seminario B

Procedemento

16.30-19.30 horas

Natalia Solar Jimeno

Seminario B

Procedemento

Martes, 22 de marzo

16.30-19.30 horas

Santiago Valencia Vila

Seminario B

Sistema informático

Luns, 28 de marzo

11.00-14.00 horas

Casilda Rolán Martínez

Seminario A

Sistema informático

16.30-19.30 horas

Casilda Rolán Martínez

Seminario A

Dereito turístico I

Martes, 29 de marzo

16.30-19.30 horas

Iván Meléndez Medela

Seminario A

Dereito turístico II

Mércores, 30 de marzo

16.30-19.30 horas

Mercedes Cardelle Espasandín

Seminario A

Dereito turístico I

Xoves, 31 de marzo

16.30-19.30 horas

Iván Meléndez Medela

Seminario A

Dereito turístico I

Luns, 4 de abril

11.00-14.00 horas

Iván Meléndez Medela

Seminario A

Calidade turística

16.30-19.30 horas

Enrique Pérez Etcheverría

Seminario A

Dereito turístico I

Martes, 5 de abril

16.30-19.30 horas

Iván Meléndez Medela

Seminario A

Dereito turístico II

Mércores, 6 de abril

16.30-19.30 horas

Mercedes Cardelle Espasandín

Seminario A

Actas de inspección

Luns, 11 de abril

11.00-14.00 horas

María Ángeles Herrero Pérez

Seminario A

Actas de inspección

16.30-19.30 horas

María Ángeles Herrero Pérez

Seminario A

Visitas de inspección

Martes, 12 de abril

16.30-19.30 horas

Dolores Álvarez Vázquez

Seminario B

Dereito turístico II

Mércores, 13 de abril

16.30-19.30 horas

Mercedes Cardelle Espasandín

Aula 1-Colmeiro

Baixo a responsabilidade do coordinador de cada módulo, as clases serán impartidas por profesores especializados nas materias correspondentes, e no seu desenvolvemento procurarase a participación dos alumnos no tema debatido, o labor do equipo e o coloquio permanente. O coordinador e os profesores de cada módulo coidarán especialmente de imprimirlles un carácter eminentemente práctico ás ensinanzas que impartan.

Quinto. Aplicación de coñecementos

Esta fase completará o ciclo formativo deste curso, e consistirá na aplicación á realidade cotiá do traballo administrativo e ao funcionamento dunha organización os coñecementos previamente adquiridos polos aspirantes, relacionados coas funcións e procedementos da inspección turística. Neste sentido, os alumnos realizarán os traballos e tarefas que, con este propósito e dentro do horario de permanencia nas oficinas, lles encomenden os responsables das unidades a que sexan destinados.

A EGAP, por proposta da Axencia Turismo de Galicia, disporá os destinos onde os alumnos deberán cumprir esta fase formativa.

Esta fase prolongarase durante 37 horas e coincidirá cronoloxicamente coa de carácter temático. Os alumnos asistirán polas mañás, de 11.00 a 14.00 horas, de luns a xoves, e de 10.00 a 14.00 horas, os venres, ás oficinas e centros públicos dos seus respectivos destinos, nos cales estarán baixo a dependencia dos seus responsables. A autoridade competente, de quen dependan xerarquicamente estes centros de destino, comunicará, coa maior brevidade, á EGAP a súa identidade.

Sexto. Normas de funcionamento

Conforme a Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 12 de xuño de 2001, publicada no DOG núm. 116, do día 15 do citado mes e ano, as normas internas e de avaliación que deban regular este curso selectivo serán establecidas pola EGAP.

En consecuencia, segundo esta facultade, establécese o seguinte:

1. Obxecto.

Estas normas teñen por obxecto concretar as regras de funcionamento e desenvolvemento interno do curso nas materias relativas ao réxime disciplinario e académico e ao sistema de cualificación.

2. Réxime disciplinario.

2.1. Segundo o artigo 1.1º do Regulamento do réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 94/1991, do 20 de marzo), os funcionarios en prácticas estarán sometidos ao disposto no mencionado regulamento, na medida en que lles sexa da aplicación, segundo os artigos 185 e 199 da Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, e sen prexuízo das normas especiais que regulen o seu procedemento de selección.

2.2. Declárase obrigatoria a asistencia ás clases e restantes actividades que integran este curso selectivo, así como a execución dos traballos, estudos, proxectos e tarefas que se lles encargen aos participantes.

3. Réxime académico.

3.1. Avaliación académica.

Para a avaliación académica dos participantes, teranse en conta os seguintes elementos:

– Asistencia ás clases. Neste sentido, é imprescindible que os alumnos asistan, polo menos, ao 85 % do tempo de duración do curso para ter opción a superalo. Por tempo de duración do curso entenderase a suma das horas lectivas de todos os módulos, e máis as correspondentes ás da fase «aplicación de coñecementos».

Os alumnos que non puidesen realizar o curso por forza maior debidamente xustificada serán dispensados de facelo, logo da solicitude dos interesados, mediante resolución da EGAP, e quedan obrigados a realizalo coa promoción inmediatamente posterior ao momento da desaparición das correspondentes causas, intercalándose no lugar que lles pertenza pola puntuación.

– Resolución de casos prácticos.

– Probas finais de aptitude, ao remate de cada módulo.

3.2. Sistema de cualificación.

Os alumnos, concluído cada módulo da primeira fase, someteranse ás probas de aptitude, fundamentalmente prácticas e referidas preferentemente á Administración, que dispoñan os seus profesores. A cualificación que se lles outorgue por módulo será de «apto» ou «non apto», e é necesario para superar esta fase obter, polo menos, a declaración de «apto» en dous dos tres módulos.

Inmediatamente despois de rematada a fase de «aplicación de coñecementos», os responsables das correspondentes unidades administrativas de destino remitiranlle á EGAP un informe onde manifesten expresamente se os alumnos ao seu cargo cumpriron ou non satisfactoriamente coas tarefas encomendadas durante a súa permanencia na dependencia de que se trate.

A declaración definitiva da cualificación de «apto» ou «non apto», tanto no que se refire á fase dos «módulos temáticos» coma á de «aplicación de coñecementos», competerá ao respectivo tribunal cualificador da oposición, logo do informe-proposta do director do curso, oída a comisión constituída para este efecto, formada polos profesores coordinadores do curso e dos responsables das unidades onde os alumnos permaneceron durante o ciclo de «aplicación de coñecementos».

Corresponderalle á directora da EGAP a dirección deste curso.

3.3. Perda da escolaridade.

O incumprimento por parte dos participantes das obrigas de asistencia e realización de probas e exercicios establecidas no punto terceiro, 2.2 e 3.1 («réximes disciplinario e académico»), suporá a perda da escolaridade, sen prexuízo dos efectos que puidesen derivar pola aplicación do réxime disciplinario.

4. Non superación do curso.

Segundo o preestablecido no artigo 16 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, os aspirantes que non superen este curso selectivo poderán incorporarse ao inmediatamente posterior coa puntuación asignada ao último dos participantes nel. De non superalo, perderán todos os seus dereitos para seren nomeados funcionarios de carreira.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública