Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2016 Páx. 9021

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1272/2012).

Procedemento ordinario: 1272/2012

Demandante: Vanesa Regueira Veira

Demandados: Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Galicia Saudade, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Francisco Javier Castro López, Jaime Juncal Iglesias e Ingesan Grupo OHL

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1272/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vanesa Regueira Veira contra Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Galicia Saudade, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Francisco Javier Castro López, Jaime Juncal Iglesias e Ingesan Grupo OHL, sobre reclamación de cantidade-procedemento ordinario, se ditou sentenza e auto de aclaración cuxa resolución di que debo rectificar a sentenza ditada nestas actuacións o pasado 13 de novembro de 2015, no sentido fixado no fundamento de dereito segundo desta resolución, a súa resolución quedará redactada na forma que se especificará e manterase integramente o restante contido:

«... Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Vanesa Regueira Veira contra as entidades Galicia Saudade, S.L. e administración concursal de Galicia Saudade, S.L., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. e o Concello de Arteixo e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a Galicia Saudade, S.L. e administración concursal de Galicia Saudade, S.L., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. e o Concello de Arteixo a que lle aboen á demandante a cantidade de 1.155,03 € brutos por salarios de agosto ao 15 de outubro de 2012, así como o exceso de xornada, incrementadas no xuro legal do diñeiro e aplicable aos conceptos salariais, respecto á entidade Galicia Saudade, S.L. e administración concursal de Galicia Saudade, S.L.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Vanesa Regueira Veira contra a entidade Instituto Gestión Sanitaria, S.A.U. (Ingesan), Francisco Javier Castro López, Jaime Juncal Iglesias e Jesús Iglesias Lira, aos cales debo absolver de todo o solicitado na súa contra…».

Notifíqueselles esta resolución ás partes e advírtase que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Jesús Iglesias Lira, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial