Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2016 Páx. 9023

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1175/2014).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1175/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fomento Construcciones y Contratas, S.A. contra Rafael Olmedo Pacheco, Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta pola entidade Fomento Construcciones y Contratas, S.A., contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Rafael Olmedo Pacheco e, en consecuencia, debo absolvelos de todos os pedimentos formulados na súa contra.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Rafael Olmedo Pacheco, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza