Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2016 Páx. 9024

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (460/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 460/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Luis Amado Blanco contra Ageco Contratas, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa resolución expresa:

«Dáse a José Luis Amado Blanco por desistido da demanda que deu lugar á incoación do presente procedemento número 460/2012 contra a empresa Ageco Contratas, S.L. e, en consecuencia, decrétase o sobresemento e arquivamento das actuacións.

Non cabe efectuar imposición das custas procesuais a ningunha das partes.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución na forma prevista no artigo 248.4 da LOPX.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así o pronuncia, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada xuíza titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ageco Contratas, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial