Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2016 Páx. 9025

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (624/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 624/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maite Castro Bujía contra a empresa Trece Noventa y Siete, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decisión:

Estimo a demanda sobre despedimento formulada por instancia de Maite Castro Bujía contra a entidade Trece Noventa y Siete, S.L. e Fogasa, que non comparecen malia estar citados, sobre despedimento obxectivo e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con efectos a 30 de xuño de 2015, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 27,70 €/día) ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da cantidade de 8.940,175 euros en concepto de indemnización.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Trece Noventa y Siete, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial