Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9196

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 23 de febreiro de 2016 pola que se clasifica de interese para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico a Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia.

Examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia, con domicilio no Edificio CITIC do Campus de Elviña na Coruña.

Feitos:

1. Ricardo José Cao Abad, presidente do padroado da Fundación, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña o 20 de novembro de 2015, ante o notario Francisco Manuel López Sánchez, co número de protocolo 2.582, pola Universidade da Coruña, representada polo seu reitor Xosé Luís Armesto Barbeito; e as entidades Altia Consultores, S.A., representada por Constantino Fernández Pico; Bahía Software, S.L. unipersoal, representada por Gustavo Leandro Gómez Martín; Tecnoloxías Plexus, S.L. unipersoal, representada por Antonio Agrasar Cascallar; Indra Software Labs, S.L. unipersoal, representada por Manuel Díaz Méndez; Appentra Solutions, S.L., representada por María Rosa Vázquez Rogel; Asociación Clúster Tic Galicia e R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., representadas por Antonio Luis Rodríguez del Corral; Tecalis Engineering, S.L., representada por Isidoro Martínez Soñora e Alberto José Campos Viqueira; Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, representado por Fernando Suárez Lorenzo; Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, representado por Marcos Jaime Mata Mansilla; Enxenio, S.L., representada por Roberto García Pazos; Avansig, S.L.L., representada por David Trillo Pérez e Emetel Sistemas, S.L., representada por Rafael Ave Souto.

3. Segundo consta no artigo 4 dos seus estatutos, a Fundación ten por obxecto a contribución ao fortalecemento, potenciación, crecemento e mellora da competitividade do sector das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) de Galicia mediante o fomento da excelencia na investigación e a transferencia de tecnoloxía, así como a produción, promoción, asesoramento e divulgación do coñecemento no campo das TIC e a formación de persoal experto no devandito campo. De xeito prioritario mais non exclusivo, este obxecto concretarase no impulso ao CITIC e á Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

4. O Padroado inicial da Fundación está formado por Ricardo José Cao Abad, en representación da Universidade da Coruña, como presidente; Antonio Luis Rodríguez del Corral, en representación da Asociación Clúster Tic Galicia, como vicepresidente; e Manuel Francisco González Penedo, Bertha Guijarro Berdiñas, Nieves Rodríguez Brisaboa e Carlos José Escudero Cascón en representación da Universidade da Coruña; Constantino Fernández Pico en representación de Altia Consultores, S.A.; Martín Gómez Rodríguez, en representación de Bahía Software, S.L. unipersoal; Antonio Agrasar Cascallar en representación de Tecnoloxías Plexus, S.L. unipersoal; Manuel Díaz Méndez en representación de Indra Software Labs, S.L. unipersoal; María Rosa Vázquez Rogel en representación de Appentra Solutions, S.L.; Antonio Luis Rodríguez del Corral en representación de R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.; Alberto José Campos Viqueira en representación de Tecalis Engineering, S.L.; Fernando Suárez Lorenzo en representación do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia; Marcos Jaime Mata Mansilla en representación do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia; Roberto García Pazos en representación de Enxenio, S.L.; David Trillo Pérez en representación de Avansig, S.L.L. e Rafael Ave Souto en representación de Emetel Sistemas, S.L., como vogais. Consta, tamén, Pablo No Couto como secretario non patrón.

5. A Comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia, de acordo coas materias que constitúen o seu obxecto fundacional.

6. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do padroado.

7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da Comisión de Secretarios Xerais, procede a súa clasificación como de interese para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico e a súa adscrición á Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Consideracións legais:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. A escritura de constitución da Fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Segundo establece o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, corresponde á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a clasificación da Fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.

De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 15 de febreiro de 2016

DISPOÑO:

Clasificar de interese para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico a Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia adscribíndoa ao protectorado da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Contra esta orde que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, previamente e con carácter potestativo poderase interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2016

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza