Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10699

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2016 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en diversas áreas durante o ano 2016 e se procede á súa convocatoria.

O artigo 27.11 do Estatuto de autonomía de Galicia sinala como competencia exclusiva da Comunidade Autónoma de Galicia a promoción e ordenación do turismo dentro da Comunidade.

O Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos establece que a Axencia terá como obxectivo impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e, en especial, a promoción e a ordenación do turismo dentro da Comunidade.

A importancia do turismo no tecido económico e social de Galicia así como o incremento da calidade do sector turístico son considerados elementos primordiais para o crecemento sustentable das cotas de competitividade, o que require a realización dun esforzo continuado na formación dos recursos humanos para adaptar as novas demandas ás actuacións dos titulados que inician ou desenvolven a súa actividade neste sector. As oficinas de información turística pertencentes á Axencia Turismo de Galicia prestan un servizo importante aos turistas e visitantes e contribúen de xeito significativo a proxectar a imaxe de Galicia no exterior. Por iso, a Axencia Turismo de Galicia considera conveniente convocar estas bolsas de formación práctica que permiten aos titulados acceder a prácticas tuteladas co fin de actualizar e mellorar os seus coñecementos e habilidades en materias vinculadas co turismo.

Por outra banda, a Área de Estudos de Investigación, integrada na Dirección de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia, vén desenvolvendo un traballo esencial no eido da investigación e análise de datos do mercado turístico cuxo resultado contribúe de maneira esencial ao aumento da competividade de Galicia como destino turístico. Por este motivo, consideramos fundamental promover dúas bolsas de formación nesta materia que permitan a titulados en diversas materias ampliar experiencia e coñecementos sobre o mercado turístico galego.

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das competencias que me foron atribuídas, por proposta da Axencia Turismo de Galicia,

RESOLVO:

1. Convocatoria e bases reguladoras.

Aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de dez (10) bolsas de formación práctica en diversas áreas da Axencia Turismo de Galicia durante o ano 2016.

2. Solicitudes.

1. Para poder ser beneficiario das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo III desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 7 das bases reguladoras.

2. As solicitudes deberán presentarse na forma e no prazo establecidos no artigo 6.6 das bases reguladoras.

3. Prazo de duración do procedemento de concesión.

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

O procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, os interesados poderán entender rexeitadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Información aos interesados.

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia:

http://www.turgalicia.es/canle-institucional

b) O teléfono 981 54 74 06 ou o enderezo electrónico proxectos.turismo@xunta.es

c) Presencialmente: Axencia Turismo de Galicia-Área de Calidade e Proxectos Europeos. Estrada Santiago de Compostela-Noia km 3, 15897 Santiago de Compostela.

2. Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas relacionadas coa presentación de formularios por vía electrónica, poderán facer as súas consultas no teléfono de información 012 ou no correo electrónico 012@xunta.es.

5. Réxime de recursos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as/os interesadas/os poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2016

P.A. (Artigo 19.6 Decreto 196/2012; DOG núm. 193, do 9 de outubro)
Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de dez bolsas de formación práctica especializada en diversas áreas da Axencia Turismo de Galicia durante o ano 2016

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta resolución ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria de dez (10) bolsas de formación práctica, en réxime de concorrencia competitiva, en áreas dependentes da Axencia Turismo de Galicia, distribuídas da seguinte maneira:

– Oito (8) bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística dependentes da Axencia de Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma: 2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (rúa do Vilar), 1 bolsa na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino), 1 bolsa na Oficina de Turismo da Coruña, 1 bolsa na Oficina de Turismo de Pontevedra, 1 bolsa na Oficina de Turismo de Vigo, 1 bolsa na Oficina de Turismo de Lugo e 1 bolsa na Oficina de Turismo de Ourense.

– Dúas (2) bolsas de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística:

– Bolsa A: especialidade de estatística.

– Bolsa B: especialidade de turismo.

O lugar de realización das prácticas tuteladas será na sede da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia da Barcia (estrada Santiago de Compostela-Noia km 3, 15896 Santiago de Compostela). O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2016 cunha duración máxima de seis meses, contados desde a data da incorporación dos bolseiros.

Para poder ser beneficiaria/o das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo III desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 7.2 das bases reguladoras.

Artigo 2. Duración, financiamento e importe da bolsa

1. O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2016 cunha duración máxima de seis meses, contados desde a data da incorporación das persoas bolseiras

2. A Axencia de Turismo de Galicia financiará estas bolsas con cargo ás aplicacións orzamentarias 04A2.761A.480.0 e 04A2.761A.484.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, cunha contía máxima de 45.200 € e 2.611,84 €, respectivamente. A dotación económica das bolsas será como se indica no seguinte cadro:

Área de destino

Nº de bolsas

Dotación euros (total)

Oficina de Turismo da Coruña

1

3.900 €

Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar)

2

3.900 €

Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino)

1

3.900 €

Oficina de Turismo de Lugo

1

3.900 €

Oficina de Turismo de Ourense

1

3.900 €

Oficina de Turismo de Pontevedra

1

3.900 €

Oficina de Turismo de Vigo

1

3.900 €

Área de Estudos Turísticos-bolsa A

1

7.000 €

Área de Estudos Turísticos-bolsa B

1

7.000 €

3. Aboamento das axudas: o pagamento das bolsas realizarase por períodos mensuais vencidos. No caso de producirse a incorporación ou o cesamento nun día distinto ao primeiro ou ao último de cada mes, a/o bolseira/o percibirá o importe que proporcionalmente corresponda ao número de días que goce da bolsa. Esas contías estarán suxeitas á retención que legalmente proceda.

– Primeiro pagamento: para o seu aboamento será requisito ter enviado con carácter previo a seguinte documentación:

a) Escrito de aceptación da bolsa, onde conste o compromiso de cumprimento das normas e obrigas derivadas das bases desta convocatoria, segundo o modelo do anexo IV desta resolución.

b) Declaración responsable, segundo o modelo do anexo V desta resolución, de:

– Non ter ingresos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria ou percepción de prestación ou subsidio por desemprego.

– Non ter solicitada nin concedida ningunha outra subvención, axuda ou ingreso para este mesmo proxecto ou conceptos para os cales solicita a bolsa. No caso de que durante a vixencia da bolsa de formación concedida na Axencia Turismo de Galicia deixase de cumprir a condición anterior por pasar a percibir calquera xénero de compensación económica, obrígase expresamente a poñelo en coñecemento do dito centro directivo e causará baixa na percepción da bolsa.

– Non ter sido adxudicataria/o da mesma bolsa de formación en edicións anteriores ou ter renunciado á bolsa con posterioridade á súa aceptación.

c) Solicitude de cobramento da bolsa segundo o modelo do anexo VI desta resolución.

d) Datos da conta bancaria.

– Pagamento final: para o aboamento do derradeiro pagamento será requisito ter presentado a seguinte documentación:

a) Certificación expedida polo/pola titor/a ou responsable da oficina onde se realicen as prácticas de que a persoa adxudicataria levou a cabo a súa actividade cun nivel de rendemento satisfactorio.

b) Memoria realizada polo/pola bolseiro/a e visada polo/pola titor/a ou responsable de oficina sobre o labor realizado.

c) Solicitude de cobramento da bolsa segundo o modelo do anexo VI desta resolución.

4. De conformidade co disposto no artigo 65.4.f) do regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), as persoas beneficiarias das bolsas quedan exentas da obriga de constituíren garantía.

5. Durante o tempo de duración da bolsa, a persoa bolseira quedará incluída no réxime xeral da Seguridade Social, de acordo co establecido no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación.

Artigo 3. Obxectivo das bolsas

O obxectivo das bolsas é fomentar o perfeccionamento profesional das/dos bolseiras/os mediante a realización de prácticas formativas en diversas áreas dependentes da Axencia Turismo de Galicia, con suxeición ao plan de formación que se lles entregará ao comezo das súas prácticas e coas indicacións que lles transmita o/a titor/a que teñan asignado.

Artigo 4. Condicións xerais

As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non-discriminación, eficacia e eficiencia.

As bolsas serán indivisibles e improrrogables. Serán tamén incompatibles con calquera outra bolsa concedida para o mesmo período e con calquera actividade laboral ou remunerada.

En ningún caso poderán ser beneficiarias desta bolsa aquelas persoas solicitantes que foran adxudicatarias dela en edicións anteriores. Quedarán tamén excluídas da convocatoria aquelas persoas solicitantes que foran adxudicatarias das bolsas en edicións anteriores e que renunciaran a elas con posterioridade.

As/os solicitantes non poderán estar incursas/os en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e en ningún dos supostos de prohibición para obter subvencións do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As persoas adxudicatarias, no momento de aceptación da bolsa, non poderán ser perceptoras de salarios ou outros ingresos que impliquen vinculación contractual ou estatutaria. As bolsas son incompatibles coa percepción de prestación ou subsidio por desemprego.

A concesión e gozo da bolsa non suporán vinculación civil, laboral ou funcionarial entre a persoa bolseira e a Axencia Turismo de Galicia.

A estas bolsas non lles será aplicable o Estatuto do persoal investigador en formación.

Artigo 5. Beneficiarias/os

Poden solicitar a concesión das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

1. Nacionalidade: española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.

2. Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes das seguintes titulacións. Estas titulacións deben estar finalizadas nos catro anos naturais inmediatamente anteriores ao remate do prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria.

a) Bolsas de formación nas oficinas de información turística: grao en turismo; diplomatura en turismo; técnicos superiores en guía, información e asistencia turísticas; técnicos superiores en axencias de viaxes e xestión de eventos ou titulación homologada equivalente.

b) Bolsas de formación na Área de Estudos Turísticos. Ofértanse dúas bolsas de formación con diferentes requisitos.

I) Bolsa A.

– Licenciatura ou grao en matemáticas.

– Grao en administración e dirección de empresas, grao en economía, licenciatura en administración e dirección de empresas ou economía, licenciatura en ciencias económicas e empresariais ou equivalente.

– Licenciatura, diplomatura ou grao en estatística.

– Enxeñería en calquera rama.

II) Bolsa B.

– Grao en turismo.

– Diplomatura en turismo con posgrao ou máster en turismo.

– Grao en administración e dirección de empresas, grao en economía, licenciatura en administración e dirección de empresas ou economía, licenciatura en ciencias económicas e empresariais ou equivalente con posgrao ou mestrado en turismo.

– Grao ou licenciatura na rama de ciencias sociais e humanidades con posgrao ou mestrado en turismo.

3. Idiomas:

a) As persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.

b) Inglés: certificado B1 ou superior do Marco común europeo de referencia para as linguas no caso das bolsas de oficinas de turismo.

Artigo 6. Solicitudes e prazo

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

4. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante superase os tamaños e límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

6. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

Artigo 7. Documentación

Para poder proceder á solicitude das bolsas é necesario presentar a seguinte documentación:

1. Anexo III. Solicitude.

No anexo III inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) Declaración de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se presentan son certos.

b) Declaración responsable de non estar incursa/o en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

c) Declaración de non atoparse incursa/o en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Declaración responsable das axudas de bolsas solicitadas ou concedidas polas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para o mesmo período.

2. Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

a) Copia compulsada do DNI da/do solicitante só no caso de que a persoa interesada non o autorice expresamente na solicitude de comprobación de datos de identidade por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade.

b) Fotocopia compulsada do título, só no caso de que a persoa interesada non autorice a súa consulta no servizo de interoperabilidade correspondente ou, se for o caso, da certificación do pagamento dos dereitos da súa expedición e certificación académica completa. No caso de presentar un título estranxeiro, será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española.

c) Currículum vítae.

d) Copia compulsada dos documentos acreditativos computables dos méritos alegados.

e) Copia compulsada do título do Celga 4 ou perfeccionamento da lingua galega.

f) Copia compulsada dos títulos acreditativos do nivel de idiomas segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas, así como títulos acreditativos dos cursos de informática realizados.

g) A experiencia laboral acreditarase a través de copia compulsada dos contratos de traballo, de informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou ben a través de copia compulsada do certificado expedido polo organismo onde se realizaron as prácticas.

3. Se a solicitude non se cubrise en todos os seus termos ou non se xuntase a documentación que se menciona neste artigo, requirirase a persoa interesada para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, considerarase que desiste da súa petición, de conformidade co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderá requirirse a persoa solicitante para que forneza cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

Artigo 8. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados nas bases e emitirá un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada. A Comisión de Valoración poderá contar co asesoramento de persoal experto externo que será nomeado polo órgano instrutor do procedemento.

2. A Comisión de Valoración estará composta por tres membros designados polo director/a de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia, todos eles con voz e voto:

2.1. Bolsa de formación especializada para a promoción e información turística:

a) Presidente/a: un/unha xefe/a de área da Dirección de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia.

b) Secretario/a: un/unha funcionario/a da Axencia Turismo de Galicia.

c) Vogal: unha persoa designada entre o persoal da Axencia Turismo de Galicia.

2.2. Bolsas da Área de Estudos Turísticos:

a) Presidente/a: unha persoa designada entre o persoal da Área de Estudos Turísticos.

b) Secretario/a: un/unha funcionario/a da Dirección de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia.

c) Vogais: unha persoa designada entre o persoal da Dirección de Competitividade.

3. No informe final que elabore a Comisión de Valoración figurarán, de xeito individualizado, as persoas solicitantes propostas para obter a bolsa e a puntuación obtida ordenada de maior a menor.

Artigo 9. Avaliación e selección das solicitudes

A comisión fará a avaliación de acordo cos seguintes criterios:

Bolsas de formación nas oficinas de información turística

Formación

Titulación:

– Grao en turismo: 2 puntos

– Diplomatura en turismo: 1,5 puntos

– Mestrado relacionado con turismo: 1,5 puntos

– Técnico superior en guía, información e asistencia turísticas ou equivalente: 1 punto

– Técnico superior en axencias de viaxes e xestión de eventos ou equivalente: 0,50 puntos

Cursos

– Por cada curso relacionado co turismo cun mínimo de 30 horas: 0,25 puntos por curso ata un máximo de 1 punto

– Por cursos de posgrao relacionados co turismo: 0,50 puntos

Idiomas

Polo dominio oral e escrito dunha lingua estranxeira distinta do inglés, acreditado mediante título oficial:

– Nivel A1 do Marco común europeo de referencia para as linguas: 0,15 puntos

– Nivel A2 do Marco común europeo de referencia para as linguas: 0,30 puntos

– Nivel B1 do Marco común europeo de referencia para as linguas: 0,75 puntos

Polo dominio oral e escrito dunha lingua estranxeira incluído o inglés, acreditado mediante título oficial:

– Nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas: 1 punto

– Nivel C1 do Marco común europeo de referencia para as linguas: 1,50 puntos

– Nivel C2 ou superior do Marco común europeo de referencia para as linguas: 2 puntos

Forma de acreditación: fotocopia compulsada do título ou certificado correspondente expedido pola institución correspondente

Experiencia práctica

Ata un máximo de 1 punto

0,25 puntos por cada mes completo de traballo ou prácticas (contabilizado de data a data) relacionadas co turismo en oficinas de turismo, empresas turísticas, asociacións profesionais de turismo, consorcios turísticos, mancomunidades turísticas ou calquera outra empresa vinculada ao sector turístico

Proba de coñecementos turísticos

Ata un máximo de 3 puntos

A proba versará sobre as materias do anexo II. Esta proba será tipo test e constará dun máximo de 50 preguntas

Bolsas de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación-Bolsa A-especialidade en estatística

Formación

Ata un máximo de 6,5 puntos

Titulación

– Mestrado en estatística: 2 puntos

– Grao ou licenciatura en estatística, grao ou licenciatura en matemáticas coa especialidade de estatística: 1,5 puntos

– Diplomatura en estatística: 1 punto

Cursos

– Posgrao en desenvolvemento rexional e integración económica: 0,75 puntos

– Por cada curso relacionado con bases de datos (SQL,...) cun mínimo de 20 horas: 0,15 puntos por curso

– Por cada curso da linguaxe de programación R cun mínimo de 20 horas: 0,15 puntos por curso

– Por cada curso de Phyton cun mínimo de 20 horas: 0,15 puntos por curso

– Por cada curso de programación en Android cun mínimo de 20 horas: 0,10 puntos por curso

– Por cada curso relacionado co manexo de follas de cálculo cun mínimo de 20 horas: 0,10 puntos por curso

– Por cada curso relacionado de estatística cun mínimo de 30 horas: 0,10 puntos por curso

Experiencia práctica

Ata un máximo de 1,5 puntos

0,25 puntos por cada mes completo de traballo (prácticas ou contrato laboral) contabilizado de data a data, en empresas e organismos públicos, mediante a realización de actividades relacionadas coa actividade obxecto da bolsa

Entrevista persoal

Ata un máximo de 2 puntos

A entrevista persoal está destinada a valorar os coñecementos e formación dos aspirantes relacionada coas actividades que se van desenvolver durante as prácticas de formación

Bolsas de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación-Bolsa B-especialidade en turismo

Formación

Ata un máximo de 5 puntos

Titulación

– Mestrado en turismo: 2 puntos

– Grao en turismo: 1,5 puntos

– Diplomado en turismo: 1 punto

Cursos

– Por cada curso relacionado con bases de datos (SQL,...) ou co manexo de follas de cálculo cun mínimo de 20 horas: 0,15 puntos por curso

– Por cada curso relacionado co turismo cun mínimo de 30 horas: 0,10 puntos por curso

– Por cada curso relacionado co turismo cun mínimo de 100 horas: 0,25 puntos por curso

Experiencia práctica

Ata un máximo de 1,5 puntos

0,25 puntos por cada mes completo de traballo (prácticas ou contrato laboral) en empresas e organismos públicos, en actividades relacionadas coa actividade obxecto da bolsa

Entrevista persoal

Ata un máximo de 2 puntos

A entrevista persoal está destinada a valorar os coñecementos e a formación dos aspirantes relacionada coas actividades que se van desenvolver durante as prácticas de formación

Artigo 10. Instrución do procedemento e tramitación

1. A competencia para resolver as solicitudes de concesión de bolsas presentadas ao abeiro desta convocatoria corresponderalle á directora da Axencia Turismo de Galicia.

2. O órgano instrutor do procedemento será a Dirección de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia, que de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, realizará cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

3. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a/o titular da Dirección de competitividade aprobará as listaxes provisionais de aspirantes admitidas/os e excluídas/os que será publicada na páxina web da Axencia Turismo de Galicia e nos lugares determinados pola normativa vixente, con indicación dos seus apelidos, do nome, do número do documento nacional de identidade e das causas determinantes das exclusións que procedan.

As/os aspirantes excluídas/os disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderase implícita na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva de aspirantes admitidas/os e excluídas/os. Estas listaxes publicaranse na páxina web da Axencia Turismo de Galicia e serán remitidas á Comisión de Valoración.

Non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de rexeitamento da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. A Comisión de Valoración convocará as persoas candidatas á realización da proba tipo test sobre o temario que se inclúe como anexo II desta resolución, ou á entrevista persoal no caso das bolsas para a Área de Estudos Turísticos. A data e o lugar da realización da proba ou entrevista publicarase na páxina web da Axencia Turismo de Galicia http://www.turgalicia.es/canle-institucional. A concorrencia á proba tipo test e á entrevista persoal é obrigatoria. As/os candidatas/os que non se presenten á proba ou á entrevista serán automaticamente excluídos/das do procedemento de selección.

5. A Comisión valorará os méritos alegados polos candidatos conforme o baremo indicado nas bases e formulará un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a puntuación obtida, que será remitido ao órgano instrutor.

6. No caso de empate na puntuación obtida en calquera das modalidades das bolsas, este resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido das persoas candidatas, comezando pola letra resultante no sorteo realizado en cumprimento do disposto no Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

7. Despois de instruír o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase de manifesto ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

8. Unha vez transcorrido o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará un informe, xunto coa proposta de resolución coa puntuación definitiva ordenada de maior a menor, á directora da Axencia Turismo de Galicia, que no prazo máximo de 15 días resolverá o procedemento de concesión. O prazo máximo para a tramitación e resolución da concesión das bolsas será de tres meses, desde a data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que se ditase resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender rexeitadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

9. A resolución da Dirección da Axencia Turismo de Galicia pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

10. A concesión da bolsa seralle notificada ás persoas adxudicatarias que, nun prazo de tres días naturais, están obrigadas a comunicarlle á Axencia Turismo de Galicia a súa aceptación ou renuncia por escrito conforme o modelo que figura como anexo IV desta convocatoria. Se transcorridos os sinalados tres días non se producise manifestación expresa, esta entenderase tacitamente rexeitada. Se a persoa beneficiaria renunciase expresamente á bolsa, esta concederase á/ao seguinte candidata/o con mellor puntuación de entre as/os que solicitaron ese destino e non fora beneficiaria/o doutra das bolsas convocadas.

11. Se durante o desenvolvemento das prácticas se produce algunha vacante ou renuncia por parte das persoas beneficiarias, poderase proceder á cobertura desta seguindo a orde establecida nas correspondentes listas de reserva en función da puntuación obtida.

Artigo 11. Publicidade

A anterior resolución, así como os datos que deban notificarse de forma conxunta publicarase no taboleiro de anuncios e mais na páxina web da Axencia Turismo de Galicia http://www.turgalicia.es/canle-institucional. Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os seus efectos.

Artigo 12. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude os documentos ou as informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia nos cales foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, caso en que deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

5. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

A presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 13. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Turismo de Galicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Axencia Turismo de Galicia, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: estrada Santiago de Compostela-Noia km 3, 15897 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a proxectos.turismo@xunta.es

Artigo 14. Obrigas das persoas beneficiarias

Ademais das obrigas previstas polo artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas seleccionadas quedan obrigadas pola aceptación da bolsa:

1. A aceptar en todos os seus termos esta resolución. A comprobación de datos non axustada á realidade, tanto na solicitude como na documentación achegada, poderá supoñer a denegación ou revogación da axuda.

2. A realizar as actividades previstas no plan de formación e a cumprir o horario indicado polo seu/súa titor/a. Ao remate da bolsa presentarán na Axencia Turismo de Galicia unha memoria final sobre as actividades desenvolvidas visada polo/pola titor/a ou responsable da oficina onde se realizaron as prácticas.

3. A facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas de Galicia.

4. Todos os estudos, informes e demais documentos que xere a persoa bolseira durante o desenvolvemento da súa formación quedarán á disposición da Axencia Turismo de Galicia, que será titular dos dereitos de explotación e demais relativos á propiedade intelectual dos estudos e informes. As persoas bolseiras deberán aceptar por escrito esta atribución de dereitos a favor da dita entidade antes da súa incorporación.

Artigo 15. Certificado de aproveitamento

O/a titor/a ou persoa competente na Axencia Turismo de Galicia expedirá un certificado sobre asistencia e aproveitamento da bolsa.

Artigo 16. Incidencias

A Axencia Turismo de Galicia resolverá todas as dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

En calquera momento, a persoa responsable da oficina correspondente ou o/a titor/a poderá propoñerlle á Dirección da Axencia Turismo de Galicia cancelar a bolsa por falta de rendemento da persoa beneficiaria, incumprimento do plan de actuación aprobado ou inadaptación ás normas de funcionamento da oficina. A Dirección da Axencia Turismo de Galicia, logo de dar trámite de audiencia ao interesado, poderá revogar a concesión da bolsa por incumprimento das obrigas contraídas pola persoa adxudicataria.

A Axencia Turismo de Galicia poderá autorizar a interrupción temporal da bolsa, logo da incorporación da/do bolseira/o ao destino adxudicado por motivos de forza maior. No caso de que a interrupción supere o 10 % do tempo total de duración da bolsa, suporá a súa revogación.

A renuncia durante o desfrute da bolsa inhabilitará a persoa adxudicataria para presentarse a futuras convocatorias, agás nos casos de forza maior, que serán valorados pola Axencia Turismo de Galicia.

O incumprimento dos compromisos adquiridos, de acordo coas bases precedentes, dará lugar á revogación da axuda concedida e, de ser o caso, á reclamación das cantidades xa pagadas de conformidade co disposto na lexislación vixente. Así mesmo, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da bolsa obxecto desta resolución e a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes privados nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 17. Remisión normativa

En todo o non recollido na presente orde aplicarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia; na Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións, e no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2007, do 21 de xullo; na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo1/1999, do 7 de outubro, modificada pola Lei 5/2000, do 28 de decembro, e na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente na actualidade correspondente.

ANEXO II

Temario

Tema 1. Principais recursos do patrimonio arquitectónico galego.

Tema 2. Principais recursos do patrimonio cultural inmaterial galego.

Tema 3. Historia de Galicia. Principais feitos históricos.

Tema 4. A xeografía de Galicia.

Tema 5. Os recursos turísticos de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file