Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11627

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1593/2015-CON).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1593/2015-CON

Xulzgado de orixe/autos: Seguridade Social 743/2014 Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social

Recorridos: Pizarras Vazfer, S.A., Mutua Universal Mugenat, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutual Midat Cyclops, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enferm. Profes. de SS nº 274, Pizarras Valdouro, S.L., Pizalta, S.L., Ignacio López Moldes

Avogados: Pablo Espinosa Medina, Luis Manuel Rodero Díaz, Ignacio Álvarez Santana

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1593/2015-CON desta sala, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops contra Pizarras Vazfer, S.A., Mutua Universal Mugenat, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, INSS y TGSS, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enferm. Profes. de SS nº 274, Pizarras Valdouro, S.L., Pizalta, S.L., Ignacio López Moldes sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do 20.11.2014, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, en autos 743/2014, confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Pizarras Valdouro, S.L., Pizalta, S.L., e Ignacio López Moldes, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza