Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 1 de abril de 2016 Páx. 11789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para unha ampliación de explotación porcina de ceba, propiedade de Víctor Manuel Pérez Villamarín y Otros, S.C., en Figueiroa, concello de San Amaro (Ourense) (clave 2015-IPPC-I-40).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Ampliación de explotación porcina de ceba de 2.353 a 2.648 cabezas.

Víctor Manuel Pérez Villamarín y otros, S.C.

Figueroa, San Amaro (Ourense).

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. A citada documentación estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultala na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no seguinte enlace:

(http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Prevencion_e_control_de_actividades?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/seccion.html&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/dinamico/listado_ippc_central.html).

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-I-40.

Peticionaria: Víctor Manuel Pérez Villamarín y otros, S.C.

Domicilio social: lugar de San Cibrao, s/n, 32455 San Amaro (Ourense).

Localización da instalación: lugar de Figueroa, s/n, 32455 San Amaro (Ourense). Un punto de localización das instalacións é o definido polas coordenadas UTM (ETRS89): X: 579.860, Y: 4.691.580.

Actividade: explotación porcina de ceba.

Descrición do proceso: trátase dunha explotación porcina de ceba existente, formada por tres naves para o aloxamento dos animais e unha fosa exterior para o xurro. Na última nave atópase un almacén, que será reformado para dispoñer de máis aloxamentos para os animais. Estes aloxamentos serán iguais aos existentes, prolongando as filas de cubículos ata a cabeceira da nave ata obter 228 prazas máis. Ademais, eliminaranse todas as prazas dedicadas a lazareto en todas as naves, excepto na nave 1, na cal se deixará un cubículo de 4 prazas con esta función. Como alternativa empregarase o lazareto exterior, que conta con 37 prazas e que se emprega ademais como almacén e cortes para gando ovino.

Deste xeito, a nave 1 pasará a ter 688 prazas, a nave 2, 780 prazas e a nave 3, 1.180 prazas. A capacidade total máxima da explotación tras a ampliación será de 2.648 prazas.

Os ciclos de produción comezan coa entrada nas naves dos animais procedentes das granxas de pre-ceba con 20 kg de peso, nas cales permanecen ata que acadan un peso de sacrificio, entre os 85 e os 95 kg de peso vivo, unhas 15 semanas despois. Neste momento retíranse da explotación para o seu traslado ao matadoiro.

Ao final de cada ciclo, unha vez que os animais abandonan a explotación, retírase parte do xurro xerado na explotación para ser empregado como fertilizante en parcelas agrícolas propiedade do titular da explotación. A maior parte do xurro xerado será enviado a unha planta de subprodutos animais de categoría II autorizada. A continuación procederase á limpeza e desinfección das instalacións. A explotación permanece pechada quince días ata que se introduce un novo lote de animais.

Verteduras: as verteduras procedentes dos aseos e vestiarios e das augas de limpeza da explotación porcina conduciranse ás fosas de xurro, e serán empregadas xunto con este como fertilizante en parcelas agrícolas. As augas pluviais non serán recollidas e verteranse directamente ao terreo.