JVB xuízo verbal 336/2015
Procedemento orixe: xuízo verbal de desafiuzamento 336/2015
Sobre outros verbal
Demandante: comunidade propietarios edificio Outeiro I
Procurador: Pedro Antonio López López
Avogado: José Manuel Rodríguez Álvarez
Demandados: Paulo César Rodríguez Estévez, Ana María Rebón García
Eu, Patricia Raposo Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente
Anuncio:
Que no presente procedemento JVB 336/2015 seguido por instancia de comunidade propietarios edificio Outeiro I contra Paulo César Rodríguez Estévez e Ana María Rebón García, foi ditada a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:
«Sentenza 38/2016
Pontevedra, 29 de febreiro de 2016
Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo verbal, rexistrados co número 336/2015, promovidos pola comunidade de propietarios do edificio nº 20 (edificio Outeiro I), da avenida de Outeiro de Poio, representada polo procurador Sr. López López e defendida polo letrado Sr. Rodríguez Álvarez, contra Paulo César Rodríguez Estévez e Ana María Rebón García, ambos en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cotas comunitarias.
Decido:
Que estimo substancialmente a demanda formulada polo procurador Sr. López López en nome e representación da comunidade de propietarios do edificio nº 20 (edificio Outeiro I), da avenida de Outeiro de Poio, contra Paulo César Rodríguez Estévez e Ana María Rebón García; e condeno Paulo César Rodríguez Estévez e Ana María Rebón García a pagaren solidariamente á comunidade de propietarios do edificio nº 20 (edificio Outeiro I), da avenida de Outeiro de Poio a cantidade de 2.480,58 euros, máis os xuros sinalados no artigo 576 da LAC desde a data desta resolución.
As custas procesuais impóñense a Paulo César Rodríguez Estévez e Ana María Rebón García.
Notifíquese esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de apelación.
Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, deixando no procedemento testemuño bastante.
Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».
E encontrándose os devanditos demandados, Paulo César Rodríguez Estévez e Ana María Rebón García, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.
Pontevedra, 3 de marzo de 2016
A secretaria xudicial