Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12771

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (39/2015).

Patricia Raposo Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Jesús Iglesias Rodríguez fronte a Juan Manuel Juncal Fariñas ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 178/2015.

Pontevedra, 27 de outubro de 2015.

Vistos por Cristina Delgado Moro, maxistrada xuíza en funcións de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal número 39/2015, sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia de Jesús Iglesias Rodríguez, representado pola procuradora Sra. Sanjuán Fernández e asistido polo letrado Sr. González Daponte, contra Juan Manuel Juncal Fariñas e contra María del Carmen Peñas Lorenzo, ambos os dous en situación de rebeldía procesual, con constancia suficientemente acreditada en autos das súas circunstancias persoais,

Decido:

Considerar parcialmente a demanda interposta pola procuradora Sra. Sanjuán Fernández, actuando en nome e representación de Jesús Iglesias Rodríguez, contra Juan Manuel Juncal Fariñas e contra María del Carmen Peñas Lorenzo, e condenar os demandados a aboarlle á parte demandante a suma de 1.155 euros, máis os xuros legais desta cantidade desde a data da reclamación xudicial, así como as prestacións de pagamento periódicas que se devindiquen despois de ditada a presente resolución e ata a data de finalización da obriga, 1 de setembro de 2019.

Todo iso sen facer pronunciamento en materia de custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, acórdoo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o dito demandado, Juan Manuel Juncal Fariñas, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 10 de marzo de 2016

A secretaria xudicial