Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12773

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1021/2015-CL).

Eu, Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente edicto anuncio que no presente procedemento de modificación de medidas seguido por instancia de Kelly Mendes Alves Pereira fronte a Genis Soares Gonçalves ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 167.

Vigo, 16 de marzo de 2016

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (xulgado de familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1021/2015 sobre modificación de medidas, por instancia de Kelly Mendes Alves Pereira, como demandante, representada pola procuradora dos tribunales Katia Fernández Meriño e baixo a asistencia letrada de Margarita Alonso Martínez, contra Genis Soares Gonçalves, como demandado, declarado en situación de rebeldía procesual e no que interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolvo:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Fernández Meiriño, en nome e representación de Kelly Mendes Alves Pereira, contra Genis Soares Gonçalves, declarado en situación de rebeldía procesual, estimo esta, realizando os seguintes pronunciamentos:

Único. Atribúese á Sra. Mendes Alves Pereira o exercicio exclusivo da patria potestade sobre o seu fillo menor de idade Anthony Gabriel Soares Mendes.

As custas impóñense á parte demandada.

Modo de impugnación. Recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

E, encontrándose este demandado, Genis Soares Gonçalves, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Vigo, 17 de marzo de 2016

A secretaria xudicial