Laura Chouciño Carril, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Carballo, fago saber que no divorcio 325/2015 deste xulgado se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din así:
Xuíz que a dita: Jorge Hernández García.
Lugar: Carballo.
Data: 19 de febreiro de 2016.
Demandante: Cristian Remuiñán García.
Procurador: José Luis Chouciño Mourón.
Avogado: Miguel Ángel Ferreiro Suárez.
Demandada: María Antonia Liébanas Guijosa, en situación de rebeldía procesual.
Obxecto do xuízo: a declaración de divorcio do matrimonio formado polas partes mencionadas.
Resolución:
Acordo:
A disolución do matrimonio formado por Cristian Remuiñán García e María Antonia Liébanas Guijosa.
Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.
Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.
O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).
Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade na conta deste expediente indicando no campo «concepto» a indicación «recurso», seguida do código «02 civil-apelación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «recurso» seguida do código «02 civil-apelación».
En caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando, neste caso, no campo observacións, a data da resolución contra a que se recorreu co formato dd/mm/aaaa.
E para que sirva de notificación a María Antonia Liébanas Guijosa, expido este edicto.
Carballo, 19 de febreiro de 2016
A secretaria xudicial