Eu, Margarita Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Celanova, fago saber que no presente procedemento de divorcio contencioso, seguido por instancia de José Antonio Fernández Ríos fronte a Raquel Alves Brandao, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:
«Sentenza:
Celanova, 5 de marzo de 2015.
Vistos por min, Olalla Para Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia de Celanova, os autos de xuízo de divorcio número 239/2014, seguidos por instancia de José Antonio Fernández Ríos, representado polo procurador Sr. Fernández Vergara e asistido pola letrada Jaqueline Seijo Álvarez, contra Raquel Alves Brandao, en situación procesual de rebeldía.
Resolvo:
Que, estimando a demanda interposta polo procurador José María Fernández Vergara, en nome e representación de José Antonio Fernández Ríos, contra Raquel Alves Brandao, debo declarar e declaro o divorcio matrimonial dos expresados, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración e, en especial, os seguintes:
1. O divorcio de José Antonio Fernández Ríos e Raquel Alves Brandao, que a partir deste momento poderán fixar libremente os seus domicilios.
2. A revogación de todos os poderes e consentimentos que se outorgasen os cónxuxes entre si.
3. Disólvese de pleno dereito a sociedade de gananciais.
Todo iso sen facer expresa imposición das custas causadas.
Comuníquese esta sentenza, unha vez firme, ao Rexistro Civil en que conste escrito o matrimonio solicitante e expídase para tal fin o oportuno despacho para a súa anotación marxinal.
Contra a presente sentenza non cabe ningún recurso.
Así o pronuncia, manda e asina Olalla Para Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Celanova e o seu partido».
E ao encontrarse a demandada, Raquel Alves Brandao, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Celanova, 15 de febreiro de 2016
A secretaria xudicial