Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2016 Páx. 14746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2015/10-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS e CT Baceiro.

Situación: Tomiño.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 797 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación existente Amorín-Rotea e final no CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado no lugar de Baceiro, Amorín, Tomiño.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 17 de febreiro de 2015, no BOP do 11 de febreiro de 2015, no xornal Faro de Vigo do 21 de febreiro de 2015 e no taboleiro de anuncios do Concello de Tomiño. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite recibíronse as seguintes alegacións:

Con data do 27 de febreiro de 2015 Rosa María Domínguez Alcalá, titular da parcela catastral nº 145 do polígono 78, presenta escrito de alegacións ante a Xefatura Territorial en relación co expediente IN407A 2015/10 LMTS e CT Baceiro-Tomiño, e expón a súa oposición á ocupación da súa propiedade, indicando os motivos da dita oposición.

Con data do 19 de outubro de 2015 José Diz Fernández presenta escrito de alegacións ante a Xefatura Territorial en relación co expediente IN407A 2015/10 LMTS e CT Baceiro-Tomiño, debido a que mediante a Resolución do 22 de setembro de 2015 se notifica a ampliación da afección do predio da súa titularidade, indicando os prexuízos que provocará.

O 9 de decembro de 2015, e unha vez analizadas las alegacións presentadas, os servizos técnicos do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial emiten informe no que se conclúe:

Primeira. Tendo en conta o artigo 140 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, procede a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica proxectada para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento.

Segunda. Segundo o exposto, non é competencia desta xefatura territorial pronunciarse sobre a legalidade da localización do centro de transformación. Será o Concello, antes de outorgar a licenza urbanística quen se pronuncie sobre tal aspecto.

Polo anterior, e tendo en conta que a autorización e declaración de utilidade pública desta xefatura territorial se outorga sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas, procede autorizar a instalación e declarar a súa utilidade pública de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial,

resolve:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 29 de marzo de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra