Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15577

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1001/2015).

Xuízo verbal 1001/2015

Procedemento de orixe: sobre privación da patria potestade

Demandante: Ver_PDF

Procuradora: María José Barreira Fernández

Avogado: Alberto González-Abraldes Iglesias

Demandado: Paul Anthony O’Reilly

Cristina Cao Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, por medio deste edicto,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Ver_PDF fronte a Paul Anthony O’Reilly en situación de rebeldía procesual, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decido:

Que estimando parcialmente a demanda de xuízo verbal interposta pola procuradora Sra. Barreira Fernández en nome e representación de Ver_PDF asistida do letrado Sr. González Abraldes fronte a Paul Anthony O’Reilly declarado en rebeldía procesual con intervención da representante do Ministerio Fiscal dada a concorrencia de filla menor de idade Ver_PDF e por iso privar o demandado da patria potestade sobre a menor, atribuíndo en exclusiva a titularidade e exercicio da patria potestade sobre ela á súa nai.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e ss e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional 15 da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Paul Anthony O’Reilly expido o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

A secretaria xudicial