Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15736

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (709/2015).

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de Xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, anuncio que no presente procedemento, seguido por instancia de María Teresa Cordo Rey contra María Elvira Consolación Cordo Rey, foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentencia 38/2016.

Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez.

Demandante: María Teresa Cordo Rey.

Procurador: Sr. Paz Montero.

Avogado: Sr. Palmou Cibeira (Sr. Formoso Sanmartín).

Demandada: María Elvira Consolación Cordo Rey (en rebeldía procesual).

Xuízo ordinario 709/2015 sobre entrega de legado.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O Sr. Paz Montero, en representación de María Teresa Cordo Rey, presentou demanda, que por quenda correspondeu a este xulgado, o día 7 de outubro de 2015, na cal, despois de aducir os feitos e fundamentos de dereito pertinentes, terminaba solicitando que se condenase a demandada a entregar á demandante o legado establecido polos pais de ambos, Víctor Amadeo Cordo Tanoira e Consuelo Rey Pereiras, no seu respectivos testamentos, consistente na entrega da casa sita no lugar de Carballeira-San Miguel de Castro, municipio da Estrada, co terreo unido a esta, así como os bens que se achaban na devandita casa de portas adentro no día do falecemento dos testadores, outorgando para iso a preceptiva escritura pública, así como realizando todos os actos e asinando todos os documentos que fosen necesarios para iso, todo iso con expresa imposición de custas.

Segundo. Admitida a demanda, emprazouse a demandada por medio de edictos. Non comparecida, foi declarada en situación de rebeldía procesual.

Terceiro. Celebrada a audiencia previa, a parte demandante ratificouse na súa demanda.

A parte comparecida propuxo como toda proba a documental que figura nos autos.

A seguir formulou as súas conclusións e as actuacións ficaron vistas para sentenza.

Decido:

Estimar totalmente a demanda interposta por María Teresa Cordo Rey, representada polo Sr. Paz Montero, contra María Elvira Consolación Cordo Rey, en situación de rebeldía procesual, e condeno a demandada a entregar á demandante o legado establecido polos pais de ambos, Víctor Amadeo Cordo Tanoira e Consuelo Rey Pereiras, no seu respectivos testamentos, consistente na propiedade da casa sita no lugar de Carballeira-San Miguel de Castro, municipio da Estrada, co terreo unido a esta, así como os bens que se achaban na devandita casa de portas adentro no día do falecemento dos testadores, outorgando para iso a oportuna escritura pública.

Isto con imposición de custas á demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interporse ante este mesmo xulgado para a Audiencia Provincial dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Para a interposición do recurso de apelación será necesaria a constitución previa do depósito de 50 euros, que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións do xulgado, consignación que se debe xustificar no momento de presentar o escrito de recurso. Se o recurso se estimar total ou parcialmente, restituirase o depósito, que se perderá para sufragar as actividades do Ministerio de Xustiza e comunidades autónomas en caso de desestimación total. Quedan exentos os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, así como o Ministerio Fiscal, administracións públicas e organismos autónomos.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado».

E encontrándose a devandita demandada, María Elvira Consolación Cordo Rey, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2016

O secretario xudicial