DCTdivorcio contencioso 744/2015
Procedemento orixe:
Sobre divorcio contencioso
Demandante: Roberto Louro Teira
Procuradora: Nuria Romero Raño
Avogada: Berta García Sexto
Demandada: María José Ramos Mourelle
No procedemento de referencia foi ditada a resolución do teor literal seguinte:
«Decido que, estimando a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Romero Raño en nome e representación de Roberto Louro Teira, asistida da letrada Sra. García Sexto, contra María José Ramos Mourelle, maior de idade, indicada nos autos, declarada en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal, en representación dunha filla menor de idade habida no matrimonio, Sinaí Louro Ramos, que alcanza a maioría de idade en data 10.11.2015, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes no día 29.9.1995 en Arona, inscrito no Rexistro Civil no tomo 37, folio 380, sección 2ª, por concorrer a causa prevista no art. 86.1. CC. transcorrido máis de tres meses de matrimonio, e ínstanse as seguintes medidas accesorias a ese pronunciamento:
a) Titularidade e exercicio da patria potestade compartidos entre ambos os dous proxenitores, que adoptarán de común acordo e velando sempre polo seu interese, todas as decisións que afecten a filla menor, decidindo nos casos de falta de acordo a autoridade xudicial.
b) Garda e custodia da filla.
A súa atribución procede que continúe de acordo co consensuado entre os proxenitores e a filla, a favor da asociación Reto, a cal desde hai anos acolleu na súa comunidade a nai e a filla, e no último ano se vén facendo cargo do coidado da menor.
c) Réxime de visitas para o proxenitor non custodio.
Tendo en conta a idade da menor, as dificultades económicas que atravesa o pai e a distancia xeográfica coa residencia da súa filla, débese establecer un réxime de visitas especial e flexible que permita ao máximo o contacto entre pai e filla, e para iso solicítase que se lle permita a comunicación telefónica diaria e a visita persoal en todas as ocasións en que o pai teña a oportunidade de desprazarse á residencia da filla, e igualmente se lle permita gozar da súa compañía durante a metade das vacacións escolares de verán.
d) Atribución do uso da vivenda familiar. A demandada María José Ramos Mourelle permanece no uso do que foi vivenda familiar, despois de deixala voluntariamente o meu representado e, en consecuencia, é a ela a quen se debe atribuír o uso.
e) Pensión alimenticia.
Respecto do fillo Aaron Zacarías Louro Ramos, non procede establecer pensión alimenticia, e respecto da filla Sinaí Louro Ramos, non se pode comprometer a entregar unha cantidade fixa en concepto de alimentos a favor da súa filla, quen xa ten cubertas as súas necesidades básicas de educación, alimentación, vestido e médicos cos coidados e protección que recibe desde a asociación Reto, baixo cuxa custodia a deixaron os seus proxenitores.
Firme a presente resolución, remítanse os preceptivos oficios e exhortos para realizar as obrigadas anotacións rexistrais.
Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.
Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (arts. 458 ss e 776 Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito de 50 € previsto na D.A. 15º da LOPX.
Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.»
E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación da sentenza.
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2016
A letrada da Administración de xustiza