A disposición derradeira primeira da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG núm. 20, do 1 de febreiro), faculta a directora do Fondo Galego de Garantía Agraria, no ámbito das súas competencias, para ditar as instrucións precisas para a execución desta orde.
Mediante a Orde AAA/583/2016, do 21 de abril, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, pola que se amplía o prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2016, establecido no artigo 96 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e o control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, establécese no seu artigo único que no ano 2016 o prazo de presentación da solicitude única a que se refire o artigo 96 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, finalizará o 15 de maio de 2016, incluído.
Por tanto, o prazo para a presentación en Galicia da solicitude única de axudas PAC/DR 2016 concluirá o 15 de maio de 2016, incluído.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2016
Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria