Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16330

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 21 de abril de 2016 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a promoción da información xuvenil e para a realización de actividades dirixidas á xuventude no ámbito da educación non formal e da participación durante o ano 2016, e se procede á súa convocatoria.

BDNS: (Identif.): 304799

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

a) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

b) Concellos que pertenzan a unha mesma zona sen constituír mancomunidade para estes efectos e acorden desenvolver programas conxuntos de actuación. Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.

Segundo. Obxecto

A finalidade das axudas é potenciar a información xuvenil a través dos servizos municipais de información xuvenil integrados na Rede galega de información xuvenil e fomentar as actividades de educación non formal dirixidas á mocidade e a participación xuvenil no ámbito local, especialmente aquelas que promovan o emprendemento e faciliten a empregabilidade das mozas e mozos.

Para estes efectos, poden ser obxecto de axuda os custos derivados do funcionamento dun servizo de información xuvenil e as actividades de dinamización da información que se leven a cabo desde este e, ademais, as actividades formativas e educativas, as relacionadas co espírito creativo e emprendedor da mocidade, os programas de información e asesoramento e, en xeral, os que faciliten a participación xuvenil en actividades de educación non formal e os relacionados co asociacionismo e liderado xuvenil, todos eles destinados á mocidade de idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 21 de abril de 2016 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a promoción da información xuvenil e para a realización de actividades dirixidas á mocidade, no ámbito da educación non formal e da participación durante o ano 2016, e se procede á súa convocatoria.

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de 592.754,14 euros.

No caso de solicitudes individuais, a contía máxima será de 3.000 euros. Para as conxuntas, a contía máxima será de 8.000 euros para o suposto de agrupación de dúas entidades locais e de 15.000 euros no caso de tres ou máis entidades agrupadas.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

O período subvencionable abrangue desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2016.

As entidades locais deberán participar no financiamento cun mínimo do 25 % do orzamento total.

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requírese unha puntuación mínima de 40 puntos. No caso de que o crédito dispoñible resulte insuficiente para outorgarlles a subvención máxima a todas as entidades solicitantes que acaden os 40 puntos, a distribución efectuarase directamente proporcional á puntuación obtida.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2016

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social