Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16332

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural e do Mar (área correspondente á actual Consellería do Medio Rural) no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural e do Mar (área correspondente á actual Consellería do Medio Rural) nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2016

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural e do Mar (área correspondente á actual Consellería do Medio Rural) nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015

Convenio

Importe

Data sinatura

Convenio específico de colaboración entre a Administración xeral do Estado a través do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, en materia de estatística, ano 2015

402.000,63

16.12.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) , para continuar coa execución de determinadas actividades definidas no programa de recuperación, conservación e fomento dos recursos zooxenéticos autóctonos de Galicia en perigo de extinción, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)

242.000,00

11.9.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e Voz Audiovisual, S.A.U. para a divulgación das políticas da consellería na prevención contra os incendios forestais e protección do monte

25.000,00

11.9.2015

Colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Asociación de Produtores de Viveiros do Noroeste (Asvinor) para o estudo de patróns de froiteiras autóctonas galegas, cofinanciado polo Feader no marco do PDR de Galicia 2007-2013

46.669,70

30.11.2015

Addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e as entidades financeiras para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios

Sen contido económico 

5.10.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade local de Riotorto para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado co Feader no marco do PDR de Galicia 2007-2013

55.720,52

8.9.2015

Addenda ao convenio de colaboración suscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade local da Rúa para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado co Feader no marco do PDR de Galicia 2007-2013

Sen contido económico

8.9.2015

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Lourenzá para a realización de obras de infraestrutura rural

19.046,50

30.10.2015

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Castro de Rei para a realización de obras de infraestrutura rural

39.857,44

29.10.2015

Addenda ao acordo de colaboración entre a Conselllería do Medio Rural e do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a dotación de tecnoloxías de información e comunicación no ámbito da medida 511 do programa de desenvolvemento rural de galicia cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)

1.735.554,95

2.10.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Red Eléctrica de España, S.A.U. para a creación do «bosque rede eléctrica» no monte público Tremuzo (concello de Outes) en Galicia

Sen contido económico  

25.11.2015

Addenda ao convenio de colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias e as deputacións provinciais, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para apoio ao funcionamento dos grupos de emerxencias supramunicipais

Sen contido económico 

23.11.2015

Addenda de modificación do convenio de colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias e as deputacións provinciais, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para apoio ao funcionamento dos grupos de emerxencias supramunicipais cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020

3.825.000,00

29.12.2015