BDNS (Identif.): 304843
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Beneficiarios
Entidades de acción voluntaria de carácter privado que realicen proxectos de voluntariado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2016.
Segundo. Obxecto
Establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria, para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2016 e proceder á súa convocatoria para o ano 2016. Os programas e actividades de acción voluntaria presentados polas entidades de carácter privado e sen ánimo de lucro deberán desenvolverse no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria
Orde do 19 de abril de 2016 pola que se regulan as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
Cuarto. Contía
A contía global da convocatoria é de 145.245 € para entidades de acción voluntaria. Finánciase o 75 % do proxecto, cuxo orzamento non poderá ser superior a 4.000 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Sexto. Outros datos
Coa solicitude presentarase o proxecto de actividades. Admitirase un só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, os obxectivos, a identificación de problemas e o número aproximado de beneficiarios. Este irá acompañado do número de persoas voluntarias coas que se pretende executar o proxecto, das horas de execución deste por parte de cada un dos voluntarios/as, e do número de días que participará cada un, así como dun orzamento desagregado do custo de todas as actividades. Este proxecto de voluntariado non pode ser igual ao presentado pola mesma entidade no caso doutra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado.
A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requírese unha puntuación mínima e a concesión efectúase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.
Santiago de Compostela, 19 de abril de 2016
José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social