Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 30 de maio de 2016 Páx. 20788

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (275/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 275/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Botana Gómez contra Exclusivas Joquins, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Isabel Botana Gómez contra o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo absolvelo de todo o pedido na súa contra, ao concorrer excepción de prescrición.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Isabel Botana Gómez contra a entidade Exclusivas Joquins, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Exclusivas Joquins, S.L. a que aboe á demandante as cantidades de 7.962,54 euros, por indemnización por despedimento obxectivo, e 3.025,51 euros líquidos, por salarios devindicados, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Exclusivas Joquins, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza