Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24494

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (573/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 573/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio García Becerra contra a empresa Asgal 28, S.L.U. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Auto.

Maxistrado xuíz: Jorge Hay Alba.

Na Coruña o dezasete de novembro de dous mil quince.

Antecedente de feito único.

Que a representación da parte demandante presentou escrito de aclaración-rectificación de erro fronte á sentenza do 28.10.2015, e os autos pasaron á súa señoría para acordar o procedente.

Parte dispositiva.

Accédese á rectificación do erro sufrido no feito probado segundo e na resolución, que deben quedar como segue:

Feito probado segundo: “Reclama polos conceptos e cantidades que se expoñen no feito segundo da demanda e ampliación, que se dan por reproducidos, ascendendo a reclamación á cantidade de 27.070,65 €”.

Fallo: “Que, admitindo a demanda interposta polo demandante José Antonio García Becerra con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Asgal 28, S.L.U. a que aboe ao demandante a cantidade de 27.070,65 €, polos conceptos reclamados na demanda”.

Contra este auto non cabe recurso ningún salvo aquel que conforme a lei poida ser interposto contra a resolución que se pretende aclarar.

Así por este auto o acorda e asina o maxistrado xuíz deste xulgado.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Asgal 28, S.L.U. e ao seu administrador único José Oriol Riera Ferrer, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza