Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24496

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (323/2016).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 323/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Mercedes Bermúdez Sanemeterio contra Paynaf Textil y Moda, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por María Mercedes Bermúdez Sanemeterio contra a entidade Paynaf Textil y Moda, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto o 29 de febreiro de 2016, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución (23.5.2016), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Paynaf Textil y Moda, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento, a razón de 32.338,04 euros, e por salarios de tramitación, a razón de 4.043,76 euros.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Mercedes Bermúdez Sanemeterio contra a entidade Paynaf Textil y Moda, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno á entidade Paynaf Textil y Moda, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 962,77 euros brutos, pola falta de aviso previo, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas no ano 2016, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Paynaf Textil y Moda, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza