Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27493

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (152/2015).

Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fai saber que na peza de apelación que se dirá se ditou auto, con data do 18 de febreiro de 2016, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Auto: 18/2016

Peza: RPL recurso de apelación (LACn) 152 /2015.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia n. 1 de Ferrol.

Procedemento de orixe: execución hipotecaria 26/2014.

Recorrente: Abanca Corporación Bancaria, S.A.

Procurador: Rafael Rodríguez Ramos.

Auto núm. 18/2016

Maxistrados:

Julio Tasende Calvo

Carlos Fuentes Candelas

Juan Cámara Ruiz

A Coruña, 18 de febreiro de 2016

Vistos en grao de apelación, ante esta Sección 5 da Audiencia Provincial da Coruña, os autos 26/2014, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ferrol, aos cales correspondeu a peza 152/2015, en que aparece como parte apelante Abanca Corporación Bancaria, S.A., representada polo procurador Sr. Rodríguez Ramos, e como apelado Estefanía Carral García, representada pola procuradora Sra. Pérez García, como demandado José Carlos Fernández Nieto, sobre oposición executoria hipotecaria. É maxistrado relator Julio Tasende Calvo.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos)

Con revogación en parte do auto do 5 de decembro de 2014, ditado polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 1 de Ferrol, no xuízo POH 26/2014, debemos declarar e declaramos que unicamente procederá a restitución á prestameira executada dos xuros que pagase en aplicación da cláusula declarada nula a partir da data de publicación da Sentenza do TS Sala 1ª, do 9 de maio de 2013. Mantéñense os demais pronunciamentos do auto apelado, sen facer especial imposición das custas procesuais causadas na presente instancia.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG), co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía José Carlos Fernández Nieto, expido e asino este edicto. Dou fe.

A Coruña, 31 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza