Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27621

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 1 de xuño de 2016 pola que se autorizan a apertura e o funcionamento do centro de ensinanzas deportivas Top Rescue da Coruña.

A representante da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia solicita a apertura e o funcionamento do centro de ensinanzas deportivas Top Rescue da Coruña para impartir as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo, regulados no Decreto 64/2015, do 16 de abril, e no Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, e do título de técnico deportivo en Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo, regulado no Real decreto 73/2013, do 18 de abril.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartiren ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería, do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas cales se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a apertura e o funcionamento do centro de ensinanzas deportivas que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas (CAD).

Denominación específica: Top Rescue.

Código do centro: 15033010.

Titular: Federación Galega de Salvamento e Socorrismo.

Domicilio: r/ Gambrinus, nº 151, módulo 0, nave 3.

Localidade: A Coruña.

Código postal: 15008.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Ensinanzas que se autorizan:

• Ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• Ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo (1 unidade para 20 postos escolares).

• Ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria