Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29668

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (193/2015)

Violeta Reboredo Otero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento de divorcio contencioso 193/2015 seguido por instancia de Francisco Javier Cespón Abeijón, representado pola procuradora Sra. Pariente Pouso e asistido da letrada Sra. Fachado Fuentes, designados pola quenda de oficio, fronte a Wendi del Carmen Camacho Gómez, declarada en rebeldía, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva literal é o seguinte:

«Sentenza.

En Ribeira, 1 de xuño de 2016

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, os autos do divorcio contencioso nº 193/2015, promovidos pola procuradora Sra. Pariente Pouso, en nome e representación de Francisco Javier Cespón Abeijón, e asistido pola letrada Sra. Fachado Fuentes, sendo a parte demandada Wendi del Carmen Camacho Gómez,

Decido.

Que estimando a demanda interposta pola parte demandante Francisco Javier Cespón Abeijón contra a parte demandada Wendi del Carmen Camacho Gómez, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio formado por Francisco Javier Cespón Abeijón e Wendi del Carmen Camacho Gómez,

Firme esta resolución, produciranse respecto dos bens do matrimonio a disolución do réxime económico matrimonial. Comuníquese esta resolución ao Rexistro Civil onde estea inscrito o matrimonio.

Contra esta sentenza poderase interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronunciouno, mándoo e asínoo.

Maxistrada xuíza Secretaria»

E, encontrándose a devandita demandada, Wendi del Carmen Camacho Gómez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Ribeira, 15 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza