Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29912

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (719/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 719/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Valle Morelle China contra o Servizo Público de Emprego Estatal e a empresa Eduardo Vázquez Balado, sobre seguridade social, se ditou sentenza co número 43/2016 en data 18 de marzo de 2016, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 719/2012 sobre seguridade social, seguidos por instancia de María del Valle Mourelle China, asistida polo letrado Sr. Fraguela Solloso, contra o Servizo Público de Emprego Estatal, representado e asistido polo letrado Sr. Rubio Rubio, e contra Eduardo Vázquez Balado, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,

Decisión:

Que estimando integramente a demanda interposta por María del Valle Mourelle China contra o Servizo Público de Emprego Estatal e contra Eduardo Vázquez Balado, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir a prestación por desemprego na contía resultante de aplicar unha base reguladora diaria de 40,88 euros, cunha porcentaxe por desemprego do 100 %, e condeno as demandadas a que así o recoñezan, acaten e aboen, declarando a responsabilidade directa do empresario Eduardo Vázquez Balado polas diferenzas existentes entre a prestación a que ten dereito a demandante conforme unha base reguladora de 40,88 euros diarios e unha porcentaxe de desemprego do 100 % e os inicialmente recoñecidos polo SPEE (de 10,22 euros diarios de base reguladora e 25 % de porcentaxe por desemprego parcial), por infracotización, con obriga de anticipo por parte do Servizo Público de Emprego Estatal, sen prexuízo das accións de repetición que poidan corresponderlle ao SPEE fronte a Eduardo Vázquez Balado.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Eduardo Vázquez Balado, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza